Revista Deportes

Barbadás femenino 0- lavadores 0: partido horroroso

Publicado el 23 enero 2012 por Jmporense @futbolbaseymas
BARBADÁS FEMENINO 0- LAVADORES 0: PARTIDO HORROROSOU.D. BARBADÁS: House, María (m. 75 Laura), Pacy, Abi (m. 46 Emma), Noelia, Cris, Helena, Mónica, Vero (m. 65 Masana), Alba e Andrea (m. 65 Su)
ÁRBITRO: Coello.
Xusto empate do Lavadores na súa visita a Os Carrís, onde as xogadoras locais fixeron o peor partido da tempada e os 18 puntos que sacan na clasificación ás viguesas non se notaron no xogo. O partido foi "horroroso", con continuos pelotazos dun lado para outro, e non se viron dous pases seguidos de ningún dos equipos. No minuto 23 Pacy dispuxo da mellor e única ocasión clara do  Barbadás nesta primeira parte, índose sola cara á portaría visitante e tomando unha mala decisión xa que tirou dende fóra da área fora, cando podía continuar e tirar dende moito máis preto. O Lavadores tamén tivo unha boa ocasión cando unha dianteira se planta ante House, pero esta fai unha boa saída e o balón se vai alto. Non mellorou o xogo na segunda parte por ningún dos dous equipos aínda que no desconto puido conseguir Laura os 3 puntos para o Barbadás  nun remate a dous metros da portaría que mandou fóra. Moito debe de mellorar o xogo e a capacidade de marcar do Barbadás se quere intentar conseguir a 2ª posición, xa que a 1ª parece quedar moi lonxe. VER AMPLIA GALERÍA DE FOTOS.

Volver a la Portada de Logo Paperblog