Revista Deportes

Barbadás femenino 0- sárdoma 2

Publicado el 03 octubre 2011 por Jmporense @futbolbaseymas

BARBADÁS FEMENINO 0- SÁRDOMA 2U.D BARBADÁS: House, María  (m.50 Jani), Noelia (m.74 Laura), Su, Andrea, Cris, Helena, Alba (m. 68 Masana), Yanina (m. 80  Rocio), Vero (m. 80 Nuria) e EmmaSARDOMA CF: Lorena, Maria Pérez, Cata, Malvar, Yaiza (m. 78 Iria), Ferro, Eirín (m. 58 P. Álvarez) , Graza (m. 70 Miriam), Lucia, Paula (m. 57 Marta)  e SoniaÁRBITRO: Carlos Quintas LorenzoGOLES:0-1. Minuto 19. Erro da defensa ao tirar o fora de xogo que habilita a Yaiza que totalmente sola cruza o balón ao fondo da portería.0-2. Minuto 49. Novo erro da defensa e Paula marca elevando o balón ante a saída de HousePrimeira derrota da U.D. Barbadás ante o Sárdoma CF que é o novo lider da categoría. A falta de  Paci e Abi quizais facilitou a vitoria das visitantes que foron lixeiramente superiores sobre todo na segunda parte. As viguesas gañaron continuamente as disputas en medio campo e con duas dianteiras rapidísimas xa puideron adiantarse no marcador aos 10 minutos cando Yaiza gañou en velocidade á defensa e o seu tiro cruzado pegou no pau esquerdo da portería defendida por House. Nesta primeira parte  Eirín lanzou 2 faltas cunha gran colocación que fixo intervir a House con 2 boas paradas. Aínda que o xogo era bastante igualado nesta primeira parte o 0-1 nun erro da defensa local ao tirar o fóra de xogo foi un duro golpe para o Barbadás que xa foi a remolque durante todo o partido. Puido empatar Emma  nunha boa internada por banda esquerda, pero o seu remate foi atallado por María. Ao principio da segunda parte o Sárdoma fixo o 2º gol noutro erro da defensa local e foi o golpe definitivo para as locais que cada vez se encontraban máis cansadas polo ritmo imposto polas viguesas e pola forte calor que facía. Puido o Sárdoma mesmo aumentar o marcador pero House estubo  moi acertada toda a mañá. Nada que reprochar ao Barbadás que puxo todo o empeño en intentar empatar o partido pero encontráronse cun gran Sárdoma. FOFIVER FOTOS A TAMAÑO GRANDERESULTADOS Y CLASIFICACIÓN

Volver a la Portada de Logo Paperblog