Revista Deportes

Celta-Deportivo: La final del Torneo Conservas Calvo alevín 2014 en vídeo

Publicado el 28 mayo 2014 por Jmporense @futbolbaseymas
Celta-Deportivo: La final del Torneo Conservas Calvo alevín 2014 en vídeoGracias aCarlos Lopez Ardao y su cuenta de Youtube, podemos ver al completo la final del Torneo L. Calvo en vídeo. Nos deja además un completo resumen. Gracias. 
O 25 de Maio de 2014 ás 12h. celebrouse en Carballo, no campo das Eiroas, a Final do Torneo Luis Calvo, considerado de xeito oficioso o campionato galego Alevín de F11. Como campións do Grupo Sur enfrentámonos ao noso gran rival de sempre, o Depor, campión do Grupo Norte. Tras uns 10 minutos de tanteo inicial, o control do partido e as ocasións pasaron a ser patrimonio case exclusivo do Celta. Así, mediada a primeira parte, Facu roubaba un balón e plantábase só ante o marco rival para facer o 1-0. Case antes do descanso, unha gran xogada pola banda de Anwar supuxo o 2-0 de Gonzalo no segundo pau.
O definitivo 3-0 sería en torno ao minuto 10 do segundo tempo, tras remate picado de cabeza de Álvaro a saída dun córner. Como resumo, cabería sinalar unha grande superioridade fundamentalmente técnica do noso equipo que se traduciu en múltiples chegadas á area e ocasións de gol, mentres o Depor apenas foi quen de inquietar a nosa portería, máis que nunha ocasión na que o balón saiu rozando o pau e en varias xogadas á contra con balóns largos, que sempre eran neutralizados polas saídas do noso porteiro. Bo partido, boa victoria e, se cadra, resultado escaso á tenor do visto sobre o terreo de xogoFutbol Base y mas

Volver a la Portada de Logo Paperblog