Revista Deportes

Choco femenino-0 barbadás-1

Publicado el 12 septiembre 2011 por Jmporense @futbolbaseymas

CHOCO FEMENINO-0 BARBADÁS-1

CHOCO DE REDONDELA


O Barbadás acadou a segunda vitoria consecutiva da liga pero con moito sufrimento ante un bo Choco que puxo en moitas dificultades ás visitantes sobre todo na segunda metade. O partido comenzou sin un claro dominador, ainda que o Barbadás tiña mais chegada á portería contraria que as locais e tivo unha inmellorable ocasión de gol no minuto 25 cando nun "corner" tirado por Emma o balón vai cara Paci que totalmente sola, solo tiña que poñer a cabeza para marcar pero decide rematar co pé e o balón non colle portería. No minuto 43 o Barbadás consigue o 0-1 nunha xogada no que Yanina colle un balón dentro da area totalmente sola e aguanta a saída desesperada da porteira mandándolle o balón raso ao lado esquerdo sin que esta poida facer nada por atallalo. O Choco na primeira metade non puido inquietar nin unha sola vez a House polo que parecía que na segunda parte sería sinxelo aumentar o resultado, pero nada mais lonxe da realidade, o Choco saíu con moita forza e triangulando  ben en medio campo e o Barbadás era incapaz de dar dous pases seguidos e de presionar as xogadoras locais que ainda que non tiveron moitas ocasións si que tiveron o dominio do balón
 A ocasión mais clara do Choco foi no minuto 68 nun remate moi claro dunha dianteira que entre House e a defensa conseguen botar o balón a "corner". Aínda sin xogar ben o Barbadás tivo dúas ocasións moi claras de gol, unha despois de que Yanina se internara no area e despois de regatear a unha defensa pasa o balón a Emma totalmente sola no centro da portería que en vez de rematar de primeiras, fai un control e bótaselle encima unha defensa mandando o balón a "corner". Cando xa estaba a piques de rematar o partido nunha contra moi ven levada Vero dalle un pase perfecto a Andrea que se enfrenta a porteira local pero o seu tiro pega nesta e vai a "corner". En definitiva, o Barbadas tivo mais ocasións que o Choco, pero durante moitos momentos da segunda parte o empate tamén se puido producir. Estes partidos deben se servir para saber que vai haber que pelexar moito para vencer nesta nova categoría e que aínda que somos un equipo que acaba de baixar e moitos nos dan por favoritos, a realidade é outra, de favoritos solo temos o nome. FOFI.
BARBADÁS: House, María, Paci, Abi, Andrea, Su, Emma (m. 74 Laura), Alba, Yanina (m. 76 Noe), Masana (m. 54 Jani) e Vero.

Volver a la Portada de Logo Paperblog