Revista Ciencia

el valedor del pueblo ...INVESTIGA LAS MINAS DE ORO EN GALICIA

Publicado el 04 junio 2013 por Nofler @nofler8
el valedor del pueblo ...INVESTIGA LAS MINAS DE ORO EN GALICIA

O Valedor encargou unha peritaxe á Universidade de Santiago na fase final da súa investigación acerca da incidencia ambiental da explotación mineira de Corcoesto

18 de Maio do 2013O alto comisionado parlamentario tramitou  16 queixas en relación á explotación mineira. Nas máis recentes os cidadáns amosan a súa preocupación sobre a contaminación do río Anllóns. O Valedor do Pobo decidiu encargar a investigadores da Universidade de Santiago unha peritaxe propia en relación a este aspecto ambiental.Santiago de Compostela, 17 de maio de 2013.  As investigacións abertas pola oficina do Valedor do Pobo en relación á incidencia ambiental que a mina de Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños, entran na súa fase final. Tras ter tramitado 16 queixas presentadas por cidadáns en relación aos múltiples prexuízos que a explotación vai ocasionar a esta comarca, o defensor dos galegos encargou unha peritaxe propia a investigadores da Universidade de Santiago acerca da posible incidencia que na contorna poderían ocasionar elementos contaminantes.
Ata o momento,  o Valedor do Pobo admitiu a trámite un total de 16 queixas presentadas por cidadáns a instancia de parte. Nelas estudiáronse diferentes aspectos relacionados coa incidencia que a mina vai ocasionar nesa zona. No que vai de ano formuláronse xa resolucións á administración en relación a este problema.
O último Informe Ordinario do Valedor do Pobo que recolle a actividade despregada ata o 31 de decembro de 2012 inclúe catro críticas expresas ao desenvolvemento do proxecto, que gardaron relación co obxecto das primeiras reclamacións recibidas. De feito, a institución tomou nota e activou os seus mecanismos para instar a corrixir, entre outros aspectos, as consecuencias sociais da mina nun contorno humanizado, a afectación arqueolóxica da mesma, a deficiente avaliación de impacto ambiental da actividade e mesmo a contaminación e mala xestión dos residuos.
Acerca deste último aspecto, a posible contaminación da contorna e a mala xestión dos residuos resultantes da actividade, e tendo en conta que informes coñecidos resultaron contraditos polo departamento competente da Xunta, o Valedor do Pobo encargou recentemente unha peritaxe propia a investigadores da Universidade de Santiago co fin de contrastar os datos recibidos ata o momento e poder facer unha valoración e dar resposta aos cuidadáns.
As actuacións do alto comisionado en relación á repercusión á explotación mineira de Corcoesto instensificáronse nos últimos meses. De feito foi neste principio de ano cando se deu trámite a maior parte das queixas promovidas polos cidadáns. O Valedor, ademáis, recibiu unha iniciativa da empresa promotora da explotación, que resultou inadmitida e respondida co rexeitamento das súas pretensións.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto valorou publicamente as actuacións do Valedor do Pobo. Tamén a Defensora del Pueblo se interesou por coñecer as repercusións ambientais da explotación de Cabana de Bergantiños, aínda que no seu “Informe Ordinario a las Cortes” entregado este principio de ano, non fai aínda referencia algunha a este problema.

Volver a la Portada de Logo Paperblog