Revista España

Exposición, esgrima, cine, música e curso de fotografía

Publicado el 05 febrero 2010 por Jlopez
O pasado martes 2 de febreiro ás 19:30 inaugurouse a exposición Ramón Cabanillas, a roseira dos recordos na sala de exposicións do Pazo Municipal da Coruña (Praza de María Pita, 1).
Artigo completo en acorunacultura.org
--------------------------------------------
O polideportivo da Sagrada Familia acolle esta fin de semana a XVII Copa do Mundo de Esgrima. [Ver aquí].
--------------------------------------------
Ciclo de cine para nenos: 14 PELIS PARA OS PEQUES. Todos os sábados de xaneiro a abril, ás 18:00 horas no MACUF. Sábado 6 de febreiro, Asterix o galo. O filme comeza no 50 a.C. e a Galia encóntrase ocupada polo Imperio Romano, despois da derrota de Vercingetorix diante de Xulio César. Mais non toda a Galia está ocupada aínda, hai unha pequena rexión, rodeada de campamentos romanos, que resiste a invasión: trátase da aldea de Asterix.
CONDICIÓNS DE ACCESO: Para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes, a partir das 17:30 horas, e por rigorosa orde de chegada, a recepción do Museo expedirá un número limitado de etiquetas adhesivas, que os asistentes deberán levar en lugar ben visible para poder acceder ao auditorio. Agradecémoslles de antemán a súa colaboración, e recordámoslles que está terminantemente prohibido tocar as obras expostas, así como realizar fotografías con flash dentro do recinto do Museo.
Coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Linguística do Concello da Coruña.

--------------------------------------------
Música Animada, (concertos para toda a familia). Domingo 7 de febreiro, 12:30 h no MACUF. LA PERCUSIÓN, UN VIAJE EN EL TIEMPO, Efraím Vázquez. Unha tempada máis, o ciclo de concertos MÚSICA ANIMADA vén cargado de divertidas historias para todas as idades. Continuaremos as peripecias de personaxes xa coñecidos polo noso público habitual, e presentaremos algúns dos máis famosos contos da literatura infantil, con acompañamento musical creado para a ocasión. Grazas ao enfoque didáctico de cada concerto, os máis pequenos traballarán nocións musicais básicas, como o seguimento de patróns rítmicos e melódicos, ou o coñecemento dos distintos instrumentos e estilos musicais, sempre dunha forma lúdica e divertida. Con este proxecto pretendemos que as mañás de domingo sigan sendo, como ata agora, un momento para toda a familia.
CONDICIÓNS DE ACCESO: Para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes, a partir das 11:30 horas, e por rigorosa orde de chegada, a recepción do Museo expedirá un número limitado de etiquetas adhesivas, que os asistentes deberán levar en lugar ben visible para poder acceder ao auditorio. As portas do auditorio abriranse ás 12:15 horas, e o persoal do Museo axudará a acomodar os asistentes, reservando sempre para os nenos as localidades máis próximas ao escenario. Agradecémoslles de antemán a súa colaboración, e recordámoslles que está terminantemente prohibido tocar as obras expostas, así como realizar fotografías con flash dentro do recinto do Museo.
--------------------------------------------
Curso no MACUF: La Estética Fotográfica. Dende 1839 ata hoxe, Dirixido por Carlos Cánovas. Os días 12, 13 de febreiro e 12, 13 de marzo de 2010. Curso de contido crítico-reflexivo sobre a peripecia estética da fotografía dende a súa invención ata hoxe. O curso pretende revisar criticamente o que foi a historia do medio fotográfico dende a súa invención ata o hoxe máis inmediato, pero non se trata dun relato de sucesos técnicos ou acontecementos fotográficos, senón dunha agrupación de imaxes que encontra sentido na súa relación coa arte en xeral e co específico do medio en particular.
www.macuf.es

Volver a la Portada de Logo Paperblog