Revista Sociedad

Galicia súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

Publicado el 08 abril 2016 por Comunicae @comunicae

A Consellería de Política Social súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, unha data que lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano realizado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

Nos últimos anos, este colectivo avanzou en importantes campos como o da escolarización e a incorporación de mozos e mozas á universidade. Sen embargo, a poboación xitana segue a experimentar desvantaxes sociais, por elo a Xunta de Galicia traballa para eliminar estas barreiras e conseguir unha sociedade igualitaria e inclusiva.

Co obxectivo de promover a plena participación social e económica deste colectivo, a administración autonómica está a desenvolver as medidas previstas na Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020. Dito documento recolle as recomendacións da Unión Europea, así como os principios básicos comúns para a inclusión da poboación xitana, adoptados pola Plataforma Europea para a Integración da Poboación Xitana; e a Estratexia Europa 2020 da Comisión Europea para un crecemento intelixente, sustentable e inclusivo.

Estes apoios e medidas comprenden accións para facilitar a permanencia nos estudos do alumnado xitano e a formación ao longo de toda a vida, o reforzo e o coidado da saúde e o acceso á vivenda normalizada.

A valoración da diversidade e a consecución dunha igualdade de oportunidades efectiva de todas as persoas, é un eixo fundamental da Consellería de Política Social, e o desigual nivel educativo ou económico, ou calquera outra diferenza, non pode ser motivo de discriminación.

O contido desta noticia foi publicado primeiro na web da Xunta de Galicia


Volver a la Portada de Logo Paperblog