Revista Deportes

Más ruido de sables y posibles nuevos abandonos en la Federación Gallega

Publicado el 15 septiembre 2014 por Jmporense @futbolbaseymas

Mas ruido de sables y posibles nuevos abandonos en la Federación GallegaCarlos Castro, Director de la Revista del Fútbol Femenino Galego anuncia nuevos abandonos en la cúpula federativa, además del vacio que queda en el fútbol femenino tras la dimisión del Vicepresidente Juan Vázquez. Nos dice que el próximo número de esta publicación realizará un interesante análisis de la gestión de G. Liñares, estamos muy atentos. 
A representación insitucional do fútbol feminino volve ficar baleira

Juan Vázquez presentou, o pasado venres, a súa dimisión por escrito
Aconteceu o venres mas, por respecto, e á espera que tiveran tanta celeridade como a empregada para publicar unha contrarréplica absurda de apoio a Mesa García polo seu comunicado, non menos absurdo, en contra o trofeo Irene González e unha homenaxe ao Chorima, a FGF aínda non anunciou a dimisión presentada por Juan Vázquez, o responsable do fútbol feminino da FGF que, por terceira vez fica sen representación baixo a dirección de García Liñares (Chus Gil, Ángel "Garrido" e, agora, Juan Vázquez). Anunciase outra onda de dimisións de membros da Comisión Delegada e de vocalías da Xunta Directiva da FGF.
Para a revista de outubro, mes no que se disolve a referida Xunta para dar paso ao nomeamento da Comisión Xestora que administre o ente até as eleccións de decembro, estamos preparando unha análise sobre a xestión de Liñares no que a nós nos compete, o fútbol feminino galego, ademais de máis circunstancias que, desde o comezo, rodearon un cuestionable mandato desde que o home da caste asentara as súas pousadeiras no sillón do segundo andar da coruñesa rúa Salvador de Madariaga.
Primeiro marchou Plácido Díaz, agora Juan Vázquez, da súa contorna só parece que van ficar dous, Garrido e Gerpe, ademais do traballo de xestión dun non menos cuestionado secretario Diego Batalla Bautista, o home que chegou da man de Meana e acabou traballando para o seu rival, o alcalde de Cerceda. O ruido de sables na sede da FGF volve a cobrar protagonismo a tres meses da escolla do novo presidente, tal vez o vixésimo noveno, se o político perder as eleccións.
Futbol Base y mas


Volver a la Portada de Logo Paperblog