Revista Salud y Bienestar

Raro, non invisible

Por Enferevidente @EnferEvidente
Raro, non invisibleA lingüistica ten que aceptar que trata unha ferramenta imperfecta nun entorno complexo e que muda constantemente... Entre as "pezas" desafortunadas que esta ciencia pon ó noso alcance a verba "raro" leva unha mención a parte.
Di unha canción que "raro" non é diferente... Cecais debería engadir que non debera ser sinónimo de invisible.
Hoxe as autoridades sanitarias pertinentes marcaron o día para lembrar, falar, sinalar... a un grupo de doenzas pouco frecuentes na estatísitca mais que mancan, limitan, asustan... doenzas de múltiples clases e manifestacions mais que deixan ás persoas nunha especial situación de ese estado que é "estar enfermo" porque ademais cáseque ninguén sabe que é o que lles pasa.
A min como enfermeir@ de quirófano, preocupado pola seguridade do doente e "convencido" do valor das evidencias e da utilidade das ferramentas TIC non me doen prendas en dicir que me sinto mais tranquilo agora que podo consultar "en directo" información fiable sobre calquera destas doenzas si un paciente ó que teño que tratar padece unha delas, por exemplo as guías de actuación de emerxencia.
Así pois pode que estas doenzas sexan menos frecuentes ou minoritarias pero a nosa obriga de garantir unha atención axeitada e sen dano segue a se-la mesma e lonxe de ignoralas coa axuda da información e da formación podemos proporcionar unha atención segura e de calidade. Raro, non invisible

Volver a la Portada de Logo Paperblog