Revista Deportes
SARDOMA C.F.: Lorena, Natalia, Catarina, Malvar, Yaiza, Mª Teresa, Miriam (m. 74 Araceli), Lucia, Alonso (m. 89 Ester), Erín e PaulaU.D. BARBADÁS: House, María (m. 46 Masana), Pacy, Jani, Noelia (m. 68 Su), Cris, Helena, Mónica, Emma, Alba e Andrea (m. 81 Laura)ÁRBITRO: Sergio Carcía Reigada.Pobre partido do Barbadás ante o lider. O Sardoma é un equipo moi físico e rápido que explotar moi ben as súas virtudes e iso élle suficiente para sacar os seus partidos adiante, case que sempre, por un gol de diferenza. Comezou o partido sen un claro dominador e o primeiro gol chegou no minuto 20 nun erro de Pacy, que ao querer controlar un balón despexado pola defensa local, lle deixa o balón a Yaiza que totalmente soa encara a House e marca de tiro cruzado. Dez minutos despois é Paula a que en claro fóra de xogo, se encontra cun balón morto na área e fusila a House. Con este resultado o Sardoma encontrábase cómodo e aínda que o Barbadás intentaba meter balóns a Emma e Helena, dúas xogadoras bastante rápidas, as locais tiñan outras 2 defensas tamén rapidísimas que non daba opcións ás dianteiras do Barbadás. No minuto 35 á saída dun corner, o rexeitamento da porteira cáelle a pés de Jani que fai o 2-1. Na segunda parte non se moveu o marcador e aínda que o Barbadás o intentou, nunca se sentiu cómodo e apenas inquietou a Lorena, mentres o Sardoma en balóns longos ás súas rápidas dianteiras, tiveron algunhas ocasións para aumentar a súa vantaxe. Con este resultado o Barbadás afástase definitivamente da loita polo 1º posto e moito terían que mellorar en xogo e resultados para conseguir o 2º lugar. As azuis necesitan que xogadoras como Cris e Mónica, que veñen de estar moito tempo paradas, recuperen o seu mellor nivel. RECUERDA EL PARTIDO DE LA PRIMERA VUELTA