As fiandeiras

Publicado el 02 septiembre 2012 por Xoselois

As fiandeiras

AutorAntonio Piñeiro (1962)Máis información: Editorial Galaxia
LibroEditorial: GalaxiaEdición leída: 2011Páginas: 105ISBN: 978-84-9865-400-4Premio García Barros 2011
A miña impresión
Esta é unha pequena novela que se narra a cachos, en parágrafos de poucas liñas, o que a fai máis intensa e consegue que un se interese por saber ainda máis do que acontece e quera ler e ler de cara a remata-la lectura. Poucas páxinas mais, como comento, intensas e que enganchan dende a primeira verba deica a última delas.
A narración envólvenos nun mundo machista e totalitario no que un pequeno grupo de mulleres, ou máis ben unhas poucas mulleres e un fato de raparigas, tentan que o seu labor avance cara un futuro mellor, podendo desenvolver unha pequena industria de tecidos na vila da Estrada. Ós poucos conseguen os materiais: os tules; que cómpren para traballar e sacar novos productos á venda mais, como non, as grandes industrias do momento, e mai-la Igrexa por medio (sempre tan aferrada ó poder), fan dese labor unha competencia desleal que conleva o conseguinte xuicio
Unha das rapazas cóntanos todo o acontecido visto dende uns ollos infantís mais que non deixan lugar a dúbidas da inxusticia do narrado. Moi boa lectura, ó meu xuicio.  Contraportada do libro
Un deses acontecementos recónditos que a Historia esconde. Un caleidoscopio de emocións e fervenas humanas. Na vila da Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de fins de século XIX, debúxase un triángulo afectivo -unha rapaza, a súa mestra e unha muller valente- arredor do cal se desenvolve unha trama inquisitorial. Trátase de someter  unhas mulleres -as fiandeiras- que molestan os intereses da industria e do poder dominante. Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962) asina unha novela que convida a repensar o papel das mlleres no avance do progreso.