Atopamos aquí un pequeno conto moi orixinal, en realidade, unha pequena obra de teatro na que se reflicten moitos dos problemas da nosa sociedade. Unha sociedade enferma, na que o diñeiro, as redes sociáis e uns valores equivocados, (se lle da máis importancia ó aspecto exterior das persoas que ó seu mundo interior; emítese a mensaxe equívoca de que canto máis diñeiro tes más vales entre outros; foméntase a insolidaridade e a violencia, etc) fan que os cidadáns se volvan máis frios e insolidarios cos seus conxéneres, se aislen, e fabriquen un mundo ideal e unha imaxe persoal falsa a través das redes sociáis, e só pensen en aparentar o que non son en realidade, para encanxar nunha sociedade que te xulga constantemente.
Raquel Castro, trae da súa man persoaxes moi divertidos e moi típicos da cultura galega. Cada un deles amosará o seu problema ante os demáis compañeiros e ante una sabia Doutora Ledicia, que en lugar de pírulas, ou inxeccións, ou xaropes, utiliza as sonrisas, o saber escoitar ós que teñes ó lado, o agarimo e o apoio mútuo para curar esas afecións que empobrecen as nosas sociedades.
Así, entre persoaxes moi coñecidos, entre terapias divertidas nas que escoitar o que tes o lado e a axuda mútua atópanse entre elas , moitas cancións e risas, os cativos das vosas casas pasarán un bo rato de lectura adquirindo novos coñecementos e novos valores.
Este libro, esta obriña de teatro recibiu o Premio de Honra nos Premios Estornela de Teatro que convocou a Fundación Xosé Neira Vilas no ano 2014. O libro vai acompañado de fermosas ilustracións de Almudena Aparicio que axudarán ós nenos a imaxinar como son eses persoaxes tan famosos.
Non podo dicir outra cousa máis que me pareceu unha obra moi orixinal e divertida e moi útil para facer comprender os máis pequenos cales son as mellores actitudes para enfrontarse a vida. Moi recomendable a súa lectura. Un bo libro para facer un agasallo a unha pequena ou pequeno¡¡ Unha chulada¡¡