Pero este xogador tería máis fortuna no minuto 44 cando acadaría o 2 a 0 ao batir a Vivar tras recibir un pase en profundidade de Dani.
Cambiarián as tornas na segunda metade voltandose máis confiado o Barbadás ao ataque e facéndose co dominio do esférico, sobre todo a raiz da expulsión de Robert ,traducíndose este nun novo gol tras unha boa xogada individual de Felipe, cun maxistral xesto de cintura que habilitaría a Martín solo ante Vivar para acadar o 3 a 0 no minuto 64
Co trascurrir do partido iriase adormecendo o xogo e facendose cada vez máis co control o Barbadás que non pasaría apuros deica o final do partido a excepción dun remate a porta de Alex Cubas no minuto 69 . Pero cando parecía que todo ía quedar co 3 a 0.Angel reduciría distancias no marcador ao conquerir no minuto 84 o unico tanto do Marín , dispois de roubar un balón a luis González cando iste saia en ataque.
Aínda gozaría dunha nova ocasión o Barbadás no minuto 86 nos pés de Prada que non atinou a batir o cancerbeiro visitante, tamén Outomuro fallou outro gol a porta vacía no minuto 90 . Ao final 3 a 1 para o Barbadás que se fixo xustamente ca victoria pondo fin a racha de dúas derrotas consecutivas.
A vindeira xornada o equipo dos Carrís visita ó Pontevedra B. na Xunqueira. CRONICA WEB DEL BARBADÁS
VER FOTOS A TAMAÑO GRANDE
RESULTADOS Y CLASIFICACIONES