U.D. BARBADÁS: House, María (m. 75 Laura), Pacy, Abi, Noelia (m. 70 Su), Cris (m. 89 Junior), Helena, Mónica, Jani, Alba (m. 80 Yanina) e Andrea.SÁRDOMA C.F.: Lorena, Natalia, María C., Malvar, Iria, Yaiza, Mª Teresa, Raquel, Alejandra (m. 46 Miriam), Paula e Paula Alonso.ÁRBITRO: D. Carlos Garrote. ASISTENTES: Oscar López e Miguel Quintana. Expulsou a visitante Paula Alonso no minuto 80 por doble amonestación.Resultado curto para os merecementos das locais ante un Sárdoma conmoita pegada. Dende un principio o Barbadásintentou levar o peso do partido e á vez non se ver sorprendido polas rápidas contras que montaban as visitantes en cada roubo do balón. No minuto 9 nun contraataque das visitantespor banda dereita, prodúcese un centro á área e Maríafalla o rexeitamento quedando o balón a pés da rápida Yaiza que marca ante a saída de House. O Barbadás non descompuxo e seguiu crendo nas súas posibilidades e aos 20 minutos Helenaconsegue o merecido 1-1. A partir de aí o Barbadás crecéusee acurralou o Sárdomano seu campo creando continuas ocasións de gol. As visitantes intentaban adiantar a medio campo a súa liña defensiva, xa que é un equipo con gran rapidez tanto en defensa coma en ataque, pero as locais souberon ler moi ben esas xogadas e con entradas dende 2ª liña crearon moitos problemas á porteira Lorenaque salvou en 3 ocasións outras tantas claras ocasións de gol de Helena. No minuto 40 Janientrando dende atrás, cando a defensa visitanteintentaba por enésima vez facer o fóra de xogo, intérnase por banda esquerda e o seu pase atrás é remachado por Helenapoñendo o 2-1 con que finaliza a primeira parte. Foron uns primeiros 45 minutos moi bos das locais, nos que cun pouco de sorte poderían ter a favor un par de goles máis. Aínda que o Sárdomanon conseguiu inquietar moito a Housenesta primeira parte, é un equipo que con moi pouco, dá sempre sensación de perigo pola rapidez das súas dianteiras. A segunda parte comezou máis igualada e sen moito perigo por parte de ningún equipo, aínda que as visitantes intentabanatacar máis con balóns longos ás súas dianteiras e no minuto 59 nunha boa xogada Yaizacolle as costas ás centrais azuis e outra vez ante a saída de Housecruza o balón ao fondo da rede. Este gol supuxo unha mazada para as locais, que vían como o Sárdoma lograba o empate con só 2 chegadas, mentres o Barbadás conmoitas máis ocasións non conseguía unha renda maior. Pouco a pouco o cansazo físico foipasando factura a ambos os dous equipos e as chegadas non eran moitas por ningún bando. No minuto 80 a visitante Paula Alonsoé expulsada por dobre amoestación e cinco minutos máis tarde á saída dur "corner"o balón cae a pés Yanina, que acababa de entrar, e de forte tiro pon un esperanzador e xusto 3-2O partido de volta o próximo domingo ás 12 da mañá no campo As Relfas de Sárdoma prevese emocionante, onde o Barbadás seguramente terá que sufrir moito ante un equipo que só perdeu 1 partido de liga. VER FOTOS