Revista Deportes

Barbadás femenino-5 orzán b-: crónica y fotos (primera parte)

Publicado el 06 febrero 2012 por Jmporense @futbolbaseymas
BARBADÁS FEMENINO-5 ORZÁN B-: CRÓNICA Y FOTOS (PRIMERA PARTE)U.D. BARBADÁS:  House, Abi (m. 54 Masana), Pacy, Jani, Noelia (m. 63 Su), Cris, Helena, Mónica,  Emma (m. 61 Yanina), Alba (m. 67 Rocio) e Andrea (m. 67 María)S.D. ORZÁN: Gema, Bea, Nerea, Silvi, Alicia, María (m. 49 Sofía), Elena (m 71 Cristina), Melani, Laura (m. 81 Irene), Sandra e Ana (m. 28 Olalla).ÁRBITRO: José Antonio Fernández Rodríguez. Tarjetas amarillas a Abi (m. 39) pola U.D. Barbadás e a Melani (m. 87) do S.D. Orzán.Partido moi completo das locais que viñan de dous partidos frouxos. Hoxe viuse unha gran melloría, tanto a nivel de goles coma polo xogo desenvolvido polo Barbadás. Comezaron as  locais moi concentradas e con moita intensidade e dende o principio fixéronse donas do balón, sen deixar que o Orzán inquietase a  House. No minuto 16 Emma fixo o 1-0 cun tiro colocado dende o borde da área ao que Gema non pode chegar. O Orzán intentaba sacar o balón xogado dende a súa portaría, pero en canto recibía unha xogadora, o Barbadás  cunha presión moi organizada ao bascular todo o equipo cara á zona que se encontraba o balón, lograba recuperar moi preto da portaría visitante e iso convertía en perigo constante cada saque de porta das coruñesas. No minuto 25, nun bo balón de Mónica ás costas da defensa, Emma conseguiu o 2-0 cruzando o balón ante a saída de Gema. En toda a primeira parte só tivo unha ocasión de gol o Orzán, cando no minuto 38 nun bo tiro en parábola de  Laura, respondeu House sacando unha man espectacular enviando por enriba da travesa a corner. Nada máis comezar a segunda parte, no minuto 48, Emma fixo o 3-0 e pouco despois Alba matou o partido co 4-0 nunha boa contra das locais. No minuto 71 Helena  desborda pola banda dereita á defensa visitante e cede o balón a Yanina que só ten que empurrar o 5-0. Aínda tiveron as azuis algunha ocasión máis para incrementar o marcador, pero este non se movería. Pouco a pouco Cris, Mónica e Emma van recuperando o seu nivel e seguro que iso fará que o Barbadás  siga crecendo de aquí ata o final de tempada. VER PRIMERA ENTREGA DE FOTOS. 

Volver a la Portada de Logo Paperblog