Calasancio 3 - barbadás 2 (amistoso cadetes)

Publicado el 28 agosto 2011 por Jmporense @futbolbaseymas

O Barbadás perdeu 3-2 no seu terceiro partido desta pretempada fronte o Calasancio. Nun partido no que os visitantes foron de máis a menos os monfortinos leváronse a victoria na segunda parte. O partido comezou cun Cadete A moi enchufado, presionando e creando moito máis perigo que os locais. O Barbadás mostrou unha gran intensidade neste minutos de partido e o Calasancio apenas creaba ocasións de perigo. Froito deste dominio chegou o primeiro gol visitante. Fernando adiantou ó Barbadás tras un bo pase de Juanca. Porén, cando máis encarrilado tiña o partido o Cadete A os locais conseguiron empatar o encontro. Co 1-1 no marcador chegouse ó descanso.
Na segunda parte, o partido cambiou completamente. Nos primeiros compases, o Calasancio conseguiu adiantarse no marcador á saída dun córner. O Barbadás xa non presionaba tanto e, ademáis, mostrábase algo impreciso tanto no medio campo como na dianteira. O dominio dos locais neses intres era case total e, froito dise dominio, chegou o seu terceiro gol. Xa co marcador bastante en contra, o Cadete A soubo reaccionar e logrou marcar o 3-2 grazas a un moi bo pase de Chema seguido dunha gran vaselina obra de Rubén Ramos. O marcador xa non se moveu máis ate o remate do partido. FERNANDO