Revista Cultura y Ocio

Carlos Labraña

Publicado el 26 mayo 2017 por Kericolo @PalabrasyMundos
Carlos LabrañaCarlos Labraña naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou en varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. 
Máis adiante continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como : O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos para levar á escena ás súas obras.
Trouxen a Carlos Labraña ata o meu blog da man da súa novela infantil Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada, que recibiu o Premio Gala do Libro no presente ano 2017 na categoría de Teatro.

Volver a la Portada de Logo Paperblog