Máis adiante continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como : O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos para levar á escena ás súas obras.
Trouxen a Carlos Labraña ata o meu blog da man da súa novela infantil Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada, que recibiu o Premio Gala do Libro no presente ano 2017 na categoría de Teatro.