A Carreira de San Martiño de Ourense, unha das citas deportivas máis importantes do calendario de probas de toda a comunidade, alcanzará este ano a súa edición número 37. As características da proba foron presentadas no Salón de Plenos polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, e a coordinadora deportiva, Marta Míguez.A proba, de carácter gratuíto, se celebrará o próximo 17 de novembro, e xa ten o prazo de inscrición aberto -ata o día 10 de novembro- para tódalas persoas que desexen participar. Haberá tres categorías: absoluta, desde as 11 h. cun percorrido de 10.000 metros (nados en 1996 e anteriores); escolar, desde as 12:30 h. de 4.700 metros (nados desde 1997 a 2004); e cativos, desde as 13 h., de 1.400 metros (nados no ano 2005 e posteriores.Na edición deste ano, repetirase a novidosa iniciativa da pasada edición: a feira do corredor, que consistirá en stands comerciais e informativos de todo o relacionado co atletismo: roupa, calzado, ou bebidas isotónicas, así como probas de índices físicos para os deportistas. INSCRIPCIPCIONES Y MAS INFORMACIÓN http://www.deportesourense.com/novas/san-martino-2013/ Futbol Base y mas