Cena Fin de Tempada de AFAC Coruña, premios y Clausura de Ligas Fútbol 8

Publicado el 13 junio 2016 por Jmporense @futbolbaseymas
Aproximadamente dous mil nenos, que competiron nas ligas locais e comarcais de fútbol 8 da Coruña, despediron o pasado venres, día 10 de xuño, a presente tempada 2015-2016 no Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor no acto de clausura das competicións de fútbol 8 organizado pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) e no que se congregaron preto de catro mil cincocentas persoas.
A AFAC premiou aos tres primeiros clasificados de cada liga local e comarcal de fútbol 8 da Coruña da presente campaña 2015-2016, e ademais entregouselle unha medalla conmemorativa a cada un dos nenos e nenas asistentes ao acto de clausura. A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña tamén sorteou entre os presentes material deportivo,inscricións gratuítas ao Campus de Fútbol AFAC de Verán e unha fin de semana no parque da Warner en Madrid para un equipo de fútbol 8, que no sorteo lle tocou o o equipo Alevín “B” do SCD San Cristóbal das Viñas.
Ó día seguinte, sábado día 11 de xuño, tivo lugar a Cea Fin de Tempada do fútbol coruñés, organizada pola AFAC e que tivo lugar na Hípica da Coruña, onde estiveron presentes representantes de todos os clubes, das institucións públicas municipais e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal. Na Cea é o lugar onde a AFAC recoñece cada ano, a proposta dos clubes da asociación, a persoas do fútbol coruñés para a súa distinción e recoñecemento pola súa contribución o fútbol da cidade como así mesmo o clube do que forma parte. Nesta ocasión foron dous os premiados. O xogador do Deportivo Cidade Javier González Cagiaopola súa dilatada traxectoria de máis de 15 anos no seu club recibiu de mans do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a insignia de ouro da AFAC. No labor coma directivo de mais de 25 anos, formando parte do Unión Sportiva nos seus comezos, fundando posteriormente o CD Calasanz e nos últimos anos como directivo e presidente do clube Santa Margarita, Alfredo Taboada Botana recibiu a insignia de ouro da AFAC de mans do presidente da Asociación, Manuel Vázquez.








Futbol Base y mas