El barbadás femenino supera al guardesa y se mete en semifinales de copa

Publicado el 04 junio 2012 por Jmporense @futbolbaseymas

C.U.D. GUARDESA: Caridad, Mónica, Andrea (m. 81 Sofía), Sara, A. Estevez, Mª del Carmen, Nuria, Mabel, María, Ana e Marta.U.D. BARBADÁS: House, María, Pacy, Abi, Noelia, Cris, Helena (m. 53 Yanina), Mónica, Laura, Alba (m. 56 Junior) e Andrea.ÁRBITRO:  Fabián González Cabezas. Ben.Partido de trámite no que o Barbadáscertificou cun global de 11-1 a eliminatoria de cuartos da Copa Galicia Feminina. Debido ao resultado da ida o partido carecía de interese e moito máis cando no minuto 10 Helenaadiantaba as visitantes no marcador con unha bonita xogada individual. O dominio era total por parte das visitantes, con longas posesións, sen que as locais puidesen poñer en apuros a House. No minuto 32 Mónicaen xogada individual fai o 0-2 co que se chega ao final da primeira parte. No minuto 50 lesiónase Helena cunha contractura no glúteo, sendo esta a peor noticia para o Barbadás, xa que se non se recupera, queda sen as súas dúas dianteiras titulares para a semifinal. No minuto 56 nunha boa internada por banda dereita de Laura o seu pase é rematado no segundo pau por Yaninapoñendo o 0-3. O 0-4 fíxoo no minuto 83 Laura desfacéndose de dous rivais na área e lanzando un forte tiro ante o que nada puido facer Caridade. En definitiva, o Barbadásfoi moi superior á C.D.U. Guardesa nesta eliminatoria e agora tócalle en semifinais o próximo domingo en Os Carrís o Sárdoma C.F. que é probablemente o mellor equipo da competición, ante o que terán que poñer todo o esforzo para poder chegar á final.  Foto del partido de ida.