Dobrete dos equipos do club no X Torneo de Reis que organizou a SCD Milagrosa ao superar nas dúas finais ós dous conxuntos da entidade lucense. O Alevín A que adestra Quique Serantes venceu 4-1 no partido que lle deu o título. Anteriormente impuxérase a Montañeros (1-0) e Galicia Caranza (3-1) na fase de grupos. Posteriormente en cuartos superaba ao Ponte (2-0) e nas semifinais volveu a medirse ao Montañeros (4-1).
Pola súa parte, o Benxamín A que dirixe Julio Pablo tivo unha final cómoda ao vencer 6-0 ao Milagrosa. Na fase de grupos vencera a Portuarios B (9-0) e Praia de Covas (3-0). En cuartos de final desfíxose do Montañeros (3-0) e na semifinal eliminou ao Escola Lalín (4-0). Destacar que o conxunto pabellonista non encaixou ningún gol en todo o campionato.