Revista Deportes

El Torneo Internacional Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo 2013 ya tiene fechas y período de inscripción

Publicado el 23 octubre 2013 por Jmporense @futbolbaseymas
El Torneo Internacional Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo 2013 ya tiene fechas y período de inscripciónO XII Torneo Internacional de futsal de base “Cidade de Lugo” xa ten datas de celebración. Serán do 27 ao 29 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, na súa primeira e segunda fase respectivamente. A Fundación Azkar xa traballa na organización dunha das súas actividades estrelas que este ano aumenta o número de equipos participantes ata os 120 o que conlevará a participación duns 1500 xogadores/as.
 En canto á inscripción de equipos para a disputa do torneo, primeramente teñen preferencia os equipos que manteñen convenio de colaboración coa Fundación Azkar, que teñen como data límite o vindeiro 7 de novembro para tramitar a súa participación. O resto de equipos poderán ir reservando praza ata completar todas as categorías.
 Como en anteriores edicións, para a fase final do 2 ao 4 de xaneiro clasificaranse os campións da primeira fase das catro categorías á que está destinado o torneo (benxamín, alevín, infantil e cadete) quenes se sumarán aos equipos invitados pola organización.
 Unha das grandes novidades para esta edición do torneo será a inclusión da categoría xuvenil na segunda fase do torneo. Ademais como en anteriores edicións haberá competición tamén na categoría cadete feminina.
 Acordo coa FGFS


 A organización do torneo, en colaboración coa FGFS, chegou a un acordo coa mesma para que ante a posible coincidencia de partidos oficiais das diferentes ligas galegas coa disputa deste Torneo, os equipos que estean participando no mesmo poidan aprazar os seus partidos de liga a outras datas. Información adicionalOs clubs, equipos, entidades, etc., que desexen máis información achega deste Torneo poden dirixirse ao teléfono 982 209 639 ou á dirección de correo electrónico [email protected] Futbol Base y mas

Volver a la Portada de Logo Paperblog