En canto á inscripción de equipos para a disputa do torneo, primeramente teñen preferencia os equipos que manteñen convenio de colaboración coa Fundación Azkar, que teñen como data límite o vindeiro 7 de novembro para tramitar a súa participación. O resto de equipos poderán ir reservando praza ata completar todas as categorías.
Como en anteriores edicións, para a fase final do 2 ao 4 de xaneiro clasificaranse os campións da primeira fase das catro categorías á que está destinado o torneo (benxamín, alevín, infantil e cadete) quenes se sumarán aos equipos invitados pola organización.
Unha das grandes novidades para esta edición do torneo será a inclusión da categoría xuvenil na segunda fase do torneo. Ademais como en anteriores edicións haberá competición tamén na categoría cadete feminina.
Acordo coa FGFS
A organización do torneo, en colaboración coa FGFS, chegou a un acordo coa mesma para que ante a posible coincidencia de partidos oficiais das diferentes ligas galegas coa disputa deste Torneo, os equipos que estean participando no mesmo poidan aprazar os seus partidos de liga a outras datas. Información adicionalOs clubs, equipos, entidades, etc., que desexen máis información achega deste Torneo poden dirixirse ao teléfono 982 209 639 ou á dirección de correo electrónico planificacion@pronelugoad.com Futbol Base y mas