Escuelas de Tenis Adaptado en Vigo y Santiago

Por Aparcamientodiscapacitados
En colaboración coa FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS temos a posibilidade de desenvolver dúas ESCOLAS DE TENIS ADAPTADO gratuítas durante dous meses, nas cidades de Vigo e Santiago.
A actividade está aberta á participación de calquera persoa con discapacidade e tería unha duración de dúas horas á semana concentradas nun día. Para poder organizar esta actividade necesitamos saber cantas persoas estarían interesadas en participar así como días e horario que se axuste máis á súa dispoñibilidade.
Temos previsto organizar entre o 8 e o 21 de abril a presentación da Escola en ambas cidades. No marco mesma realizarase unha CHARLA SOBRE O DEPORTE DO TENIS así como unha CLASE PRÁCTICA DESTE DEPORTE polo que agradeceriamos que nos concretedes que día e hora vos viría mellor para a presentación.
NOTA IMPORTANTE: Non é necesario ser persoa usuaria de cadeira de rodas para participar na actividade.
No caso de estar interesadas/os en participar, enviar un e-mail a lecer@cogami.es antes do 13 de marzo coa seguinte información:
NO CASO DE USUARIOS/AS DE ASOCIACIÓNS/CRD
Nome da Asociación:
Persoa de contacto:
Teléfono:
e-mail:
Nº total de usuarios/as interesados/as:
Nº persoas con mobilidade reducida:
Nº de persoas usuarias con cadeira de rodas:
Preferencia días e horas ESCOLA DE TENIS (mañá ou tarde):
Preferencia días e horas PRESENTACIÓN ESCOLA (mañá ou tarde):
NO CASO DE USUARIOS/AS QUE NON PERTENZAN A NINGUNHA ASOCIACIÓNS/CRD
Nome e apelidos:
Teléfono:
e-mail:
Indicar si é persoa con mobilidade reducida:
Indicar si é persoa usuaria con cadeira de rodas:
Preferencia días e horas ESCOLA DE TENIS (mañá ou tarde):
Preferencia días e horas PRESENTACIÓN ESCOLA (mañá ou tarde):


Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.