" DOUTORA: Continúe vostede, señora. VELLA: A verdade é que sinto que hoi alguén roubándome as palabras e substituíndoas por outras novas, alleas. (Mira de esguello para o Home do Saco) MARÍA DOS MELES: Ás veces, a min, tamén me pasa o mesmo. MARÍA CASTAÑA: E sentes coma se a lingua se che volvese de trapo de non usala. MARÍA SILVEIRA: Non hai tempo para falar, miñas amigas! Agora as palabras escríbense en WhatsApp. VELLA: Eu son vella, mais aínda teño moitas cousas que dicir, porén semella que ninguén me quere escoitar. DOUTORA: Non diga iso, señora, nós estámola escoitando. Quizais debería vostede quitar esa roupa que leva e amosarse máis nova, máis leda. CAROLINA: Doutora, non pretenderá converter a consulta nun salón de estética? DOUTORA: A nosa imaxe ten moito que ver con como nos sentimos. (Vai onda a VELLA) Fóra este mantelo, fóra este pano, enderéiteme o lombo e...unha nova imaxe! VELLA: Xa me sinto mellor, como máis lixeira! DOUTORA: Xa verá como todo o mundo vai querer falarlle e vai querer escoitala. Isto merece unha gargallada, unha aperta e un cantar! Todos rin, van onda a vella, apértana e bailan cantando."