"Nita: Coidado, isto está cheo de xente! Mira o sofá.
Rita: Desde cando a xente dorme nos bancos?
Nita: Desde que lles quitan as casas.
Rita: Non sei..., Nita, isto paréceme un pouco raro.
Nita: Ti ves cousas raras en todos os sitios
Rita: Só cando o son
Nita: Isto vainos dificultar un pouco as cousas. Temos que andar amodiño para non espertalos.
Rita: Non será mellor vir outra noite que estea ísto máis despexado?
Nita: Diso nada! Agora que estamos aquí non imos marchar cos petos baleiros. Este banco non vai quedar cos nosos cartos de ningunha das maneiras.
Rita: Ben, pero collemos só o que nos deben.
Nita: E os xuros, fataba máis! Agora hai que mirar por onde cae a caixa forte. Sígueme!
Nita e Rita procuran silandeiras pola oficina.
Nita: Con tanto moble isto parece un labirinto!
Rita: Pois vai amodo, non vaias enfociñar!
Nita: (Afastándose da irmá) Vexo algo!
Rita: Agarda por min!
Nita bate coa caixa e magóase.
Nita: Aaaiii!
Don Faustino: (Sen abrir os ollos) Ringo...
Ringo: Non fun eu...
Don Faustino e Ringo volven durmir.
Rita: Nita, ten máis coidado, que nos van descubrir.
Nita: Shisss!!! Xa atopei a caixa forte, e é grande coma un mundo. Debe de haber unha morea de diñeiro dentro.
Rita: Lembra, só imos coller o noso.
Nita: Cala dunha vez! (Apalpando a porta) Esta é a nosa noite de sorte. Tamén deixaron a caixa forte aberta !
Rita: Isto cada vez fústame menos. Quizais sexa unha trampa."