Fragmento de "Os nenos da varíola" de María Solar

Publicado el 01 agosto 2020 por Kericolo @PalabrasyMundos
Posse Roybanes miraba absorto para aquel grande home; sen dúbida de que o era.- Véxolle ilusión, esforzo e empeño, pero como o van lograr?.Balmis achegouse de novo e falou entusiamado.- Primeiro difundiremos a vacina polos distintos territorios, despois instruiremos médicos e outras persoas na técnica da vacinación e, en terceiro lugar,  crearemos xuntas de vacinación nas capitais e principais cidades dos vicerreinados. Deste xeito, tras nós abandonar a zona, o método quedará asentado e seguirán vacinando a toda a poboación. A Imprenta Real imprimiu cincocentos libros do Tratado histórico e práctico da vacina, escrito por Jacques-Lois Moreaur de la Sarthe, e que eu mesmo traducín, formaremos os médicos locais, nós só seremos os espalladores da vacinación, eles practicarana a diario. Balmis sentou e daquela levantouse Posse. Camiñou pensativo polo cuarto buscando tamén a luz da fiestra.- A idea é boa, e o fin magnífico...: pero parece un empeño de titáns. Como van poder organizar todo iso desde España?- Nada queda ao chou, doutor. Os barcos correo coas Américas xa partiron a primeiros de mes cunha carta do ministro Caballero coa resolución do rei sobre a propagación da vacina,  coas ordes detalladas dirixidas aos vecerreis de Nova España, o Perú, Buenos Aires e Santa Fe; ao comandante xeneral das provincias do interior; aos capitans xeneráis das illas Canarias, que será o noso primeiro destino, tamen aos das illas Filipinas e Caracas; e aos gobernadores da Habana, e Porto Rico. A todos se lles solicita hospedaxe, transporte, alimentación, toda a infraestructura e disposición necesaria para levarlles a vacina. Posse, aínda diante da fiestra, escoitaba admirado. Houbo un breve silencio. E engadiu.- Poida, doutor Balmis, que sexa o carácter desconfiado e escéptico que sabe que temos os galegos, pero aínda con toda esa endemoñada organización conseguida, aínda imaxinando que as autoridades locais colaborasen e que os indíxenas se deixasen vacinar..., cómo van levar a vacina ata alá? Brazo a brazo?- É a única maneira.- Pero por Deus, doutor... Ben sei que o método de levar fías impregnadas da varíola non aguantaría a viaxe, pero cre de verdade posible establecer unha cadea humana con vacinacións cada dez días desde España ata os confíns de América sen romper nunca a cadea? Conseguindo sempre persoas ás que vacinar?- Os distintos territorios encargaranse diso- Pero como?- Posse non daba crédito.- Con voluntarios, con soldados, con escravos...Con quen sexa necesario, calquera libre de varíolas, preferiblemente rapaces, que son corpos sans. Desposis, unha vez establecida a vacinación polas xuntas de cada capital, eles mesmos se encargarán.