O alcalde mantivo un encontro este martes coa Agrupación de Veteranos do Fútbol de Vigo que congrega a 110 equipos de toda a Área Metropolitana, dos que corenta e cinco son do municipio olívico e o resto pertencen a concellos da área metropolitana.Abel Caballero transmitiulles que contarán coa colaboración do Concello para continuar participando na liga de veteranos dándolles cobertura para que se manteñan nesta competición e na práctica do deporte, unha acción que contribúe a facer cidade, segundo apuntou.FUENTE: NOTICIAS DE VIGOFutbol Base y mas