Celebrouse en Santiago, organizada pola Asociación de Clubes Galegos de Fútbol (ACGF), a Xornada de Convivencia de Fútbol Galego, una iniciativa que pretendía achegar aos distintos estamentos futbolísticos da nosa comunidade, así como clarexar o papel dos responsables de determinadas funcións que se deben exercer, regulamentariamente, durante un partido. Igualmente, falouse de asuntos concernentes á actualidade do noso deporte nas categorías de Terceira División e Autonómicas. Diversos poñentes foron os referentes da mesa de debate baixo a moderación do xornalista Roberto Carlos Carballo. Raúl Rois, delegado do C.D. Ourense, Noé, capitán do Cerceda, os técnicos Juan Carlos Andrés e Julio Álvarez, o informador arbitral, Moncho González Grandal e os colexiados Cid Puga e Iglesias Villanueva.Entre os argumentos máis salientables que se debateron estivo a puntualización entre coñecer o regulamento e interpretalo, as carencias educativas que existen na base tanto de carácter formativo referido aos comportamentos sociais que rodean aos rapaces, onde son frecuentes as situacións de falta de respecto a colexiados ou rivais, a falta de coñecementos normativos para o exercicio das súas funcións de moitos delegados de clubes, ou a falta de colaboración dos xogadores aos colexiados no decorrer dos partidos.A ACGF manifesta a súa satisfacción pola celebración deste evento, tanto pola cordialidade vivida, a aproximación que se conseguiu, e o nivel de participación. Asistiron arredor de 150 persoas, entre os que había unha altísima presenza do colectivo arbitral, encabezados polo seu presidente, José Antonio Pérez Muíño, representantes de vinte clubes e varios membros da FGF, entre os que figuraba o seu presidente, José García Liñares, que acompañou á Xunta Directiva da ACGF. NOTA DE PRENSA DE LA ACGF VER FOTOS DEL ACTO