A todos os que formamos a Sociedade Deportiva Valenzá chamounos a atención a noticia publicada na web do clube Ponte Ourense S.A.D. en relación as páxinas webs do fútbol ourensán e sobre todo os comentarios vertidos sobre o noso sitio web (http://www.ponteourense.org/noticia9723.html)
Comenza o administrador da web pontina calificando a nosa web coma "de diseño atractiva e sin pelos na lingua", unhas loubanzas que agradeceríamos senón fose porque o asunto tiña cola. Continúa dicindo que "Hay que destacar sus portadas de revista, no te pueden dejar indiferente para algunos de mal gusto y para otros todo lo contrario según se mire (quizas mas cerca de lo primero)", onde nos damos conta que o devandito administrador xa non ten clara unha pequeña diferenza.
As portadas da revista son do perfil da rede social Facebook, como ben se indica no enlace, non da web do clube, feitas en ton sarcástico e humorístico. Que sexan de bo ou mal gusto é cuestión de opinións, todas respetables. Pero dende o primeiro momento xa se tiña claro que aquí, neste fútbol noso, todo o que se saíra da "norma" non está ben visto, coma confirma a opinión pontina ("quizá mas cerca de lo primero"). En calquera caso, si algunha delas non sentou ben a alguén, nin no noso perfil da rede social nin a traverso de ninguén do clube se nos fixo saber, pois lóxicamente pediríanse as correspondentes disculpas inmediatamente. Ademais, os mais "satirizados" son os nosos xogadores e todos eles o tomaron dende o principio coma o que é, unha portada humorística. É mais, imos continuar na mesma liña ata o final da tempada, cunha "portada" de previa dos partidos e outra "post-partido", guste ou non guste.
Pero a web da Sociedade Deportiva Valenzá non pode permitir que se dude da súa obxetividade ("una web en donde la objetividad parece harta olvidada"), tendo en conta que a web que fai semellante acusación non destaca precisamente polo que acusa á nosa. A seriedade dunha web coma www.ponteourense.org non pasa por obviala publicación daquelas noticias que perxudiquen a imaxe do clube (creo que o administrador da web pontina sabe ben a que nos referimos, senón non nos custaría nada explicarllelo) nin por descalificala de outros, nin sequera por facer comentarios gratuitos por descoñecemento ou para encher (como o feito na previa do partido do pasado domingo en Oira onde calificaron o noso equipo como "Un equipo con un plantel de bastante nombre, aunque quizás le falle el aspecto grupal" (????).
Por último, recordarlle o administrador da web pontina que non temos constancia de terlle solicitado ningún enlace da nosa web na súa. A publicación, pola súa conta e risco, dun enlace a nosa páxina, merecería alomenos un mail por aquelo da "cortesía cibernética".