LUGAR: ESTADIO DO COUTO (dous campos de herba natural).
NORMATIVA
1) O torneo conta coa participación dos seguintes equipos: U.D. Ourense ., Ourense
CF. , U.D. Barbadás, Porriño Industrial C.F., C.D. Lugo, , C.P. Calasancio, CD.Velle, Pabellón Ourense C.F, Arenteiro C.F, Sporting Celanova , S.D.
PONFERRADINA, EDO .
2) Poderán participar nel aqueles xogadores nados nos anos naturais de 2004 e
2005, é dicir, deportistas con licenza federativa ALEVÍN tramitada pola Federación
Galega de Fútbol e coa súa correspondente Mutualidade Deportiva, na tempada
2015-2016.
3) A competición desenvolverase de acordo ao calendario de competición que se
anexa a estas bases e normas.
4) A duración dos partidos será de VINTECINCO MINUTOS sen descanso.
5) O lugar de quecemento estará situado na zona de Grada de fondo do Estadio do
Couto. Os equipos non poderán acceder ao terreo de xogo ata o remate do partido
anterior.
6) No caso de que ao cabo da primeira fase rexistrara empate en calquera dos
grupos entre dous ou tres equipos na suma de puntos (3 por partido gañado e 1
por empate), resultará vencedor aquel conxunto que obteña maior diferenza de
goles entre os anotados e os encaixados. No caso de persistir a igualdade, gañará
aquel que máis tantos marque e se segue o empate, proclamarase vencedor aquel
que encaixe menos goles. Se despois de todas estas circunstancias non se
resolvese a situación, resultará vencedor o equipo que gañase o partido directo, no
caso de ser dous afectados.
7) Na fase de eliminatorias os empates resolveranse co lanzamento dunha rolda de 3
penaltis por equipo. De persistir a igualada seguirase a rolda ao fallo.
8) Os equipos deberán entregar á Organización o listado de xogadores
( anexo I ) e ter as licencias federativas dos xogadores que van a participar no
campionato para calquera posible consulta.
9) A organización establece trofeos para os tres primeiros equipos clasificados e
medallas para tódolos participantes, un trofeo para o mellor porteiro, e un trofeo
para o mellor xogador .
10) Os xogadores que resulten expulsados con cartón VERMELLO DIRECTO poderán
participar no seguinte partido salvo que o Comité de Competición estime que a
sanción sexa maior según a gravedade do acto.
11) Coa finalidade de solucionar as posibles coincidencias nas cores das camisetas
entre dous equipos, é obrigatorio que cada clube veña provisto de dúas
equipaxes de diferentes cores.
12) Os clubes participantes deberán estar inexcusablemente presentes na entrega
de trofeos que se realizará unha vez rematado o partido da final.
RECUERDA ANTERIORES EDICIONES