O autor Carlos Labraña e a Editorial Galaxia traen o libro "Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" ata as librerías e ata as vosas casas. Unha achega chea de cor e de diversión, pero tamén chea de información importante para os nenos e nenas.
Da man dun circo, que tanto lles gusta os cativos, e dos seus integrantes, o autor ten a boa idea de contarlles os problemas que a crise trouxo a moitas empresas e particulares.
Nesta ocasión o circo ven a representar a todos eses que pasaron por problemas graves por causa da crise, e a través dun díalogo intelixente e rápido, vai achegando as causas e consecuencias da crise, e o por qué de moitas das situacións que os nenos foron vendo nos noticiarios de todas as televisións, e incluso, nos seus colexios.
Nunha sociedade como a nosa, onde os medios de comunicación invaden todo, os nenos van escoitando cousas aquí e alí, fragmentadas e moitas veces incomprensibéis, é importante por tanto facerlles comprender dunha maneira amena e suave cómo funciona o mundo para que nun futuro se poidan defender mellor.
O autor crea nesta ocasións uns persoaxes coloristas, divertidos e moi simbólicos, salientar a imaxe e a descripción que fai dos homes voitre e a súa función, a súa ambición e falta de moral absoluta. A carectización dos mesmos, xa fai comprender os nenos que estamos ante os malos da "película", xente coa que hai que ter coidado. A imaxe sorprendente do banqueiro que foxe para as Bahamas, e o director do circo desesperado por levantar o seu circo e sair adiante, así como evitar que Dona Forreta quede co circo e os seus integrantes. Rita e Nita que queren coller o que os bancos lles roubaron...Un circo moi moi simbólico .
Maravillosas e divertidas tamén son as ilustracións deste conto pequeno, veñen da man de Rodrigo Chao e farán que os nenos disfruten ainda máis do libro. Recordar ademáis que éste libro recibiu o Premio Gala do Libro neste ano na categoría de Teatro. Unha boa ferramenta para aprender lendo¡¡