O espírito da viola da gamba

Por Bcmt

Marin Marias pintado por André Bouys

O Espírito da viola da gamba (The Spirit of Gambo), título do concerto e dunha peza do compositor inglés Tobías Hume, resume perfectamente o percorrido xeográfico e histórico a través das escolas inglesa, francesa e alemá de viola que nos ofrece neste recital Fahmi Alqhai.

A viola da gamba é un instrumento de corda fretada con arco, cuxo nome indicaba que se sostiña entre as pernas (como un violoncello) e permitía diferenciara da viola da braccio. Cuando falamos de viola da gamba facemos referencia a unha ampla familia de violas en diferentes tesituras e algunhas específicas segundo os países: o quintón e o pardessus de viole franceses, a lira-viola inglesa, a viola bastarda, etc.  Durante a súa historia tamén se coñeceu con outras denominacións, como viola, gamba, vihuela de arco, etc.     

Semella que a súa orixe se sitúa en Valencia a mediados do século XV e durante tres séculos foi un instrumento moi utilizado en tdoas as cortes europeas. Baltasar de Castiglione en O cortesán relata a técnica e suavidade de música das violas, instrumento que considera de moi boa liñaxe e igualmente apto para mulleres e homes. A consideración que logrou a viola da gamba culmina con observacións como a do francés Marin Marais no seu libro A harmonía universal (1636), onde explica como a viola da gamba é capaz de imitar todas as inflexións da voz humana e todos os seus acentos de tristura e ledicia.          

Retrato de Castiglione por Rafael

Son numerosísimas as representacións de músicos e afeccionados tocando violas e os cadros de escenas de interior onde aparecen violas xunto con outros instrumentos ou simplemente como decoración das estancias: desde su representacións do flamenco Johannes Veermer. De feito consérvanse algunhas representacións, até os cadros do Clasicismo como o tan coñecido de Jean-Marc Nattier Madame Henriette tocando a viola da gamba, pasando po las pinturas de Antoine Wateau. De fieto conservánse algunhas representacións dos compositores do presente programa retratados co seu instrumento, como o coñecido cadro de Carl Friedrich Abel, obras do pintor inglés Thomas Gainsborough (ca. 1765). A viola da gamba cae en desuso a principios do século XIX. No século XX, co interese pola recuperacióm de timbres e instrumentos orixinais, recobra o auxe que un instrumento de sonoridade tan cálida e profunda merece.

Henriette tocando a viola da gamba de J.M Nattier

Tobías Hume (Londres, 1569-1645) foi un militar que algunhas biografías nos presentan como un mercenario, aínda que serviu nos exércitos do rei de Suecia e nos do emperador de Rusia. Nas publicacións das súas obras aparece como capitán Hume. Pezas como Gallarda dun soldado (A Soldiers Galliard) lembran esta parte da súa vida. No eido musical foi un gran intérprete e defensor da viola da gamba: atreveuse a apoiar publicamente o interese e as calidades deste instrumento, como o proban os prefacions dos Humores musicais (1605) e a  Poética musical (1607), en plena hexemonía dos aires para laúde do seu contemporáneo Dowland. Compuxo máis dun cento de pezas para viola, moitas delas organizadas en pares, ben por tonalidades, ben porque contrapoñen ideas claramente explicadas en títulos como Pregunta/Reposta ou Morte/Vida. Noutras das suas composicións queda patente o seu sentido do humor como na peza Invención para ser tocada por dous nunha soa viola concibida para dous intérpretes que tocan sobre o mesmo instrumento.

Carl Friedrich Abel pintado por Gainsborough

Contemporáneo de Fançois Couperin e de Marc-Antoine Charpentier, Marin Marais (París, 1656-1728) foi discípulo de Jean-Baptiste Lully e estudou seis meses co afamado violista Jean de Sainte-Colombe. Ao cabo dese tempo, o mestre considerou que non tiña máis que ensinarle, aínda que tamén se pensa que temía que o novo Marais  o superara con rapidez. Marais, convencido de que tiña aínda moito que aprender , non desistiu e entraba ás agachadas nos xardíns de Sainte Colombe para podelo escoitar mientras estudaba.  Cando o mestre se decatou de que Marias estaba a a prender  os seus máis prezados secretos técnicos, e malia que publicamente manifestou a súa admiración polo talento do mozo, impediu que o seguira escoitando. Marais estivo ligado a Versalles dende 1679 e chegou a ser nomeado violista ordinario da «Casa do Rei» Luis XIV. 

A súa prolífica obra para viola da gamba, con máis de seiscentas pezas, está fundamentalmente escrita en forma de suite de danzas e pezas de carácter como Le badinage, L'arabesque, Les voix humaines e La guitarre. Aínda que hoxe é menos coñecido por esta faceta, no seu tempo foi ademáis consideradocomo un compositor de óperas relevantes , entre as que destacan Alcide (1693) e a escena da tempestade de Alcione (1706). A súa colección de Pezas en trío para frautas, violín e viola, publicadas en París en 1692, considéranse como a primeira aparición da sonata en trío en Francia. Marin Marais é o personaxe principal da película de Alain Corneu Todas as mañás do mundo (Tous les matins du monde) e unha parte da banda sonora son extractos das súas obras.                                                                               

Forqueray pintado por J.M Frédou

Antoine Forqueray naceu en París en 1672, no seu dunha familia de músicos na que salientaron o seu primo Michel Forqueray (1681-1757) e o seu propio fillo Jean-Baptiste Forqueray (1699-1782). Por iso Antoine se coñece como «Forqueray pai». Tras recibir as primeras leccións na súa propia casa, actuou ante o rei Luís XIV e este custeou integralmente a súa educación musical. Con só dezaoito anos foi nomeado músico da «Casa do Rei». Alí frecuentou a François Couperin, a Robert de Visse, e logrou rapidamehte sona na corte, como intérprete e tamén como profesor. Foi o mestre de Filipe de Orléans e do seu fillo e consérvanse datos que amosan qyue con frecuencia tocaba durante as comidas do Rei. En 1967 contraeu matrimonio coa clavecinista Henriette-Angélique Houssu e durante anos tocaron a dúo até que en 1710 a parella se separou. Como gran improvisador que era, Antoine Forqueray non lle deu importancia á publicación das súas obras. Porén, o seu fillo Jean-Baptiste si publicou a colección de 32 pezas para violan e baixo continuo do pai. Os acompañamentos son do fillo, así como algunha das pezas. Antoine Forqueray morreu en Mantes-la-Jolie, preto de París, en 1745. onde vivía retirado dende 1730. Marais e Forqueray son os dous grandes virtuosos da escola francesa da viola da gamba. Do primeiro dicíase que tocaba coma un anxo e de Forqueray coma un demo, o que debe entenderse como un cumprimento ao seu altísimo virtuosismo. 
Carl Friedrich Abel (Cöthen, 1723-Londres, 1787), fillo do violoncellista e intérprete da viola da gamba Christian Ferdinand Abel, foi coma seu pai, un brillante intérprete  de viola da gamba e compuxo un importante repertorio para este instrumento. Ambos os dous coñeceron e frecuentaron a Johannes Sebastian Bach e o propio Bach recomendou a Carl Friedrich para formar parte da Orquesta da Corte de Adolph Hasse de Dresde en 1748. Nela permaneceu até que en 1759 se converteu en músico da raíña Carlota, a muller do rei Xurxo III de Inglaterra. Instalado en Londres relacionouse moito con Johann Christian Bach , con quen produciou os concetos Bach-Abel que se convertirían nun dos acontecementos sociais máis imporatntes da capital británica.Entre as súas obras salientan numerosas sonatas a trío, vinte e catro sinfonías, seis concertos para piano e un corpus importantísimo de sonatas e pezas para viola da gamba. A súa música está moiinfluenciada polo estilo da escola de Mannheim.  
Publicado en Via Stellae IV Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, Xulio 2009, pp. 505-507. DL 2049-2009.