O hobbit

Publicado el 16 septiembre 2012 por Xoselois

O hobbit

AutorJ.R.R. TolkienMás información: Wikipedia TraductorMoisés R. Barcia LibroEditorial: Edicións Xerais de GaliciaEdición: xaneiro 2002Páginas: 337ISBN: 84-8302-495-0
A miña impresión
 Cabe dicir, como introducción a esta entrada, que este libro estivo no meu andel (en realidade en varios andéis de varias casas, vilas e países nos que vivín dende a súa merca) a esperar a que o collera con ganas para lelo. Por que? Porque dixen que o había ler antes de que estreasen a película e, daquela, no nadal de 2002, xa se estaba a rumiar de que se faría unha nova película (o filme que han estrear este outono non ha se-lo primeiro baseado neste libro) logo de xa estaren filmadas as tres partes de O señor dos aneis (algún día incluiréi as entradas destes outros libros).  A historia, ainda que máis que coñecida por tod@s, ou eso penso, ten tanto detractores coma adeptos.  O certo é que, logo de teren lido con anterioridade os tres volumes de O señor dos aneis tódalas personaxes xa se me facían coñecidas. Así que, se alguén non liu ainda esta historia cumpre dicir que básicamente a narración é unha especie de conto na que diferentes seres (homes, ananos, elfos, trasnos, lobos, homes-oso, arañas e aguias xigantes, magos e hobbits) conviven na terra que debuxa o mapa de Thror, antigo rei anano da Montaña Solitaria. A historia comeza cando se presenta o mago blanco Gandalf na casa do hobbit Bilbo Bulseiro, logo de bastantes anos sen se ver. Ó día seguinte hanse presentar no tobo de Bilbo ata trece ananos. No medio de toda a confusión das vistias inesperadas, Bilbo verase envolto, sen pedilo e sen crelo, na partida dunha viaxe cara a Montaña Solitaria para recuperar un tesouro que o dragón Smaug, bastantes anos atrás, roubou a Thror, logo de asolar todo o val ó redor da Montaña e de matar canta vida había. A viaxe cara a montaña é longa e perigosa, e polo camiño han atopar tanto amigos coma enimigos e, gracias a Gandalf e á sorte e o bó facer de Bilbo, todos xuntos han ir avanzando ós poucos.
Situacións inesperadas e estranos seres hanse cruzar nesta aventura que, asemade, ha amosa-las grandezas e miserias de todas estas criaturas cara un fin que, non por esperado, deixa de ter a súa mensaxe final. Esta é unha grande aventura que foi editada por primeira vez no ano 1937. Se non a léstedes, facédeo antes de ve-lo filme neste vindeiro outono.
Contraportada do libro
 Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vída cómoda e tranquila do seu burato-hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trastocada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado por un dragón e esquecido hai moito tempo.