Ademáis, con este libro, coñeceredes un pouco mellor cómo era e sentía a sociedade galega naqueles tempos. Unha sociedade pobre, onde os avances científicos mirábanse de esguello ou, directamente rechazábanse, por ser contra natura, ou por ir en contra da ideoloxía da Igrexa.
Importante reflexión sobre o tratamento que recibían as mulleres que tiñan fillos de solteira, así como ós nenos que vivían nos hospicios, pobres e famentos, e con un futuro bastante negro na maioría dos casos.Unha lectura moi interesante, fácil e amena, María Solar consigue que te poñas nos zocos dos pequenos, pero tamén no papel de Isabel Zendal e, que comprendas as dificultades e os sentimentos de cada un deles. Queredes saber cómo se transportou esa vacina? Queredes coñecer aqueles importantes homiños que levaron no seus corpos as vacinas? Pois só tedes que ler o libro de María Solar, intrigante e adictivo, pequeno pero intenso é "Os nenos da varíola". Non vola perdades¡¡
María Solar
María Solar é unha das autoras máis lidas e traducidas dos últimos anos en Galicia. Escritora e xornalista, a súa carreira profesional na comunicación está moi vencellada ao mundo audiovisual. É coordinadora de cultura da CRTVG e presenta o programa ZigZag Fin de Semana da TVG. Presentou todo tipo de programas e formatos tanto en radio como en televisión e colaborou en prensa e revistas.A súa formación académica abrangue as ciencias e as letras. É licenciada en Bioloxía e Xornalismo e diplomada en Maxisterio Como escritora colleitou éxitos como ‘Os nenos da varíola’ (Galaxia, 2017), premio ao mellor libro xuvenil da III Gala do Libro. Gañou o Premio Lazarillo de creación literaria con ‘O meu pesadelo favorito’ (Galaxia, 2015), tamén premio ao mellor libro infantil da I Gala do libro e destacado na preciada Lista White Ravens da Biblioteca de Múnich. Entre outros libros da autora destacan: ‘As horas roubadas’ (Xerais, 2016) Premio Frei Martin Sarmiento á mellor novela de adultos, A verdadeira historia da mosca da tele (Galaxia, 2012) Premio Frei Martin Sarmiento, ‘As meigas de Lupa’ (Xerais, 2012), ‘Teño un pés perfectos’ (Kalandraka, 2012) Lista White Ravens, ‘Vou ter un irmán’ (Galaxia, 2010) Premio Frei Martin Sarmiento. En ensaio publicou, entre outros, o libro ‘¿Quieres ser periodista?’ (Siruela, 2017) con Luis Fraga. Case toda a súa obra está traducida a castelán e catalán e internacionalmente ten traducións ao portugués, italiano, chino e filipino.
Ficha técnica
Título Os nenos da varíola
AutorMaría Solar
EditorialGalaxia
Páginas 208 páxinas
Año de edición
2017
ISBN 978-84-9151-026-0
Precio12,75 €