“Para os que non o sepades esta a piques de rematar o ano, e polo tanto comezar un novo. Si, o Ano Novo Celta comeza coa metade escura no mes de Samhain, e como non, cunha celebración, nas tres primeiras noites do mesmo. Ó longo dos séculos este tipo de celebracións foron desvirtuadas e transformadas tentando rematar coa súas verdadeiras orixes e significados. Tanto os romanos como o cristianismo, con toda a “sua boa fe” e no afán de salvar as nosas “almas herexes” esforzarose por ridiculizar as tradicións e costumes “paganas”, impoñendo o culto ós seus deuses e facendo coicidir, e ata inventando, festividades das suas relixións coas celebracións paganas. Afortunadamente algunhas nacións conservaron certa herencia desta celebración como son a irlandesa e a escocesa, as cales rematarían exportandona a América, para alí atopar outra forma de transformación, chegando a convertila nunha festa comercial e carente de significado. Galicia, como nación celta que é, seguiu mantendo esta milenaria tradición chea de cabazas, pantasmas, e recordo dos ancestros. Pero tamén en zonas próximas, como Zamora, León e Asturias, se mantivo esta tradición.
Hoxe en día todavía hai sitios nos que se segue celebrando e tentando recuperar unha tradición milenaria . Sen ir moi lonxe, concretamente en Cedeira, podemos desfrutar dunha celebración chea de cabazas, desfiles de “ánimas” e, por suposto, manxares e música, sen se deixar influenzar por costumes vindos de Ultramar. Así que recordade que non todo o foráneo é mellor nin novidoso, ás veces son meras copias e, como tal, carentes dese significado orixinal que as fixo especiais e perdurabeis no tempo. Aprendede a valorar e desfrutar do noso e … Feliz Samhaín !!”
O mesmo digo.
Magica – Samhaín
Enlaces ós programas do Samhaín en Ferrolterra, no blog de Anabelinha