Selecciones Femeninas Gallegas Sub-16 y Sub-18: Análisis de una dudosa gestión

Publicado el 21 diciembre 2015 por Jmporense @futbolbaseymas
-
Si hay alguien con autoridad literaria y conocimientos mas que suficientes para el aplauso o la crítica al fútbol femenino gallego, es quien dirige la única publicación especializada en un deporte tan practicado como olvidado -excepto cuando interesa- fútbol gallego practicado por la mujer. El Director de la Revista del Fútbol Femenino Galego analiza en el artículo que sigue los posibles motivos de los flojos resultados obtenidos por las selecciones en los últimos eventos a los que debemos añadir la mala actuación de los varones en la Copa,RegionesUefa cosechando los peores resultados de su historia. Los tan cacareados cambios de Louzán relacionados con el deporte de base y femenino se limitaron al cambio de algunos cromos relacionados con la anterior etapa por otros mas cercanos a su idea, si es que alguna tiene sobre lo mas importante, algo de lo que aquí se duda y mucho. Se siguen manteniendo maestros caducados y que poco pueden aportar además de colocar a un vicepresidente cuya primera decisión una vez perdidos poderes políticos fue deshacerse del equipo femenino de Barbadás. ¿Que no me olvido de el?... en un par de horas hablamos de nuevo del desgobierno. Sub 18, 1 punto; sub 16, 3 puntos. Que pasa coas seleccións?Ese é o balance da participación das irmandiñas xuvenil e cadete no primeiro sector do Campionato de España celebrado no campo Valle de Aranguren da localidade navarra de Mutilva.
Se traducirmos isto a expectativas podemos sinalar que a sub'18 irá de vacacións ao segundo sector pois ficou eliminada.
Polo que respecta á sub'16, as do estreante Edu González deberán vencer nos dous partidos que lles faltan en marzo para ter algunha esperanza de estar entre as catro primeiras e, como mínimo, repetir a presenza en semifinais, como acontecera na pasada campaña.
O cadro cadete vén resultando aceptablemente competitivo nos últimos anos, todo o contrario que o xuvenil, que desde a temporada 2012/13 acumula, sucesivamente, resultados decepcionantes.Debe levar isto a unha profunda reflexión ou non hai que darlle importancia?Comparativas de resultados en primeiros sectores nos últimos cinco anos:
Sub'18:
2011/12 (Bueu): 3 puntos
2012/13 (Santiago de Compostela): 1 punto - eliminada
2013/14 (A Coruña): 3 puntos
2014/15 (Paracuellos): 0 puntos - eliminada
2015/16 (Mutilva): 1 punto - eliminada
Sub'16:
2011/12 (Bueu): 4 puntos
2012/13 (Santiago de Compostela): 4 puntos
2013/14 (A Coruña): 4 puntos
2014/15 (Paracuellos): 6 puntos
2015/16 (Mutilva): 3 puntos
Que cada quen xulgue e valore.Acaban de realizarse trocos no aparato deportivo da FGF e nalgúns dos combinados. Hai uns meses escribiamos un artigo reflectindo sobre isto.
Que tipo de traballo está a desenvolverse desde a FGF? Que controles existen sobre as xogadoras? De cara ao progreso das nosas xogadoras de elite, son correctas as sesións programadas? Faise algo diferente ao que se fai nos clubs? Hai alguha mellora científica e/ou tecnolóxica na metodoloxía de treinos feitos baixo o control da FGF en relación á que se desenvolve nos clubs? Por que non existen clinics en distintos momentos da pre-temporada, da temporada ou da post-temporada coas xogadoras de maior calidade?
Unha cousa é obxectiva:
Sexa por mala sorte ou incapacidade, o que está sendo certo é que as modificacións ou as inaccións no deportivo levadas a cabo pola nova directiva da FGF presidida por Rafael Louzán, que outorgou a responsabilidade naquel apartado ao pontevedrés Manu Fernández, non está levando a bos resultados, por non dicir que está sendo case nefasta.
Recentemente, a galega masculina de afeccionados, na fase española da Copa das Rexións UEFA fixo o peor resultado da súa historia, pois nunca até esta vez, nas nove edicións que leva participado, fechara a súa participación sen puntuar como aconteceu en Estremadura.Nesta fin de semana, coa entrada nos seus respectivos campionatos das femininas, unha volve a estar eliminada logo da actuación inaugural e a outra vai depender de terceiros mesmo gañando todo o que lle queda.O resumo global do acontecido é UNHA vitoria contra CATRO derrotas.O próximo que toca é ver o que fan as irmandiñas cadete e xuvenil masculinas. Esperemos que isto mude porque, do contrario, entraremos na sospeita que unha mala xestión deportiva podería estragar a dous grupos de idade e que o programa de desenvolvemento deportivo de Louzán e o seu equipo, a nivel competitivo, se é que foi formulado algunha vez, sería un rotundo fracaso.Revista do Fútbol Feminino GalegoFutbol Base y mas