!Enhorabuena, vecina!
O Xurado dos Premios do Deporte Galego 2014, presidido polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, reuniuse esta mañá no Concello de Vilagarcía de Arousa para fallar os deportistas e as entidades galardoadas na presente edición destes premios cos que, a Xunta de Galicia, recoñece aos que cada ano destacan de modo especial na súa contribución ao Deporte galego.Como en exercicios precedentes, os galardóns fállanse en cada unha das 17 categorías convocadas, logo da deliberación do Xurado cualificador sobre as propostas remitidas por entidades deportivas, Concellos e outros organismos e entidades relacionados coa actividade física e co deporte na nosa Comunidade Autónoma.Entre os galardoados nesta edición 2014, repiten os deportistas Susana Rodríguez Gacio (Mellor deportista feminina con discapacidade 2011 e 2013) e Javier Gómez Noya (Mellor deportista masculino 2011 e 2013), así como o Club Baloncesto AMFIV (Mellor equipo de deportistas con discapacidade 2009 e 2011), logo de volver a acadar no pasado ano uns excelentes resultados nas súas respectivas competicións deportivas.2. Premio á mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (paratríatlon).
3. Premio ao mellor deportista masculino: Javier Gómez Noya (tríatlon).
4. Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (parataekwondo).
5. Premio ao mellor equipo feminino: Alejandra Suárez González - Helena Pérez Álvarez (vela).
6. Premio ao mellor equipo masculino: Carlos Paz - Antón Paz Blanco (vela).
7. Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto AMFIV (baloncesto en cadeira de rodas).
8. Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Carmelitas Vedruna.
9. Premio ao/a mellor adestrador/a: Ferenc Szabo Tatar (halterofilia).
10. Premio ao/a mellor árbitro/a –xuíz/a: Alberto Rodríguez Rodríguez (árbitro, balonmán).
11. Premio ao mellor labor informativo: Javier Ferreiro Campo
12. Premio ao mellor evento deportivo: O Marisquiño
13. Premio ao patrocinio deportivo: Conservas FRINSA
14. Premio deportista revelación: Ex aequo, Andrea Ferreiro Gómez (hockey en liña) e Jaime de Haz Iraurgui (remo)
15. Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: Circuíto Ribeira Sacra de carreiras populares
16. Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: Fundación Maria José Jove
17. Premio “Galicia Saudable” á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: CEIP Virxe da Pena da Sela, O Irixo.xunta.es/notas-de-prensaFutbol Base y mas