Porque tod@s fomos novatos e apuntamos as cousas que considerabamos importantes, datos concretos ou "fichas" dos procedementos tal como nos ensinaron ou como vimos que se facían no noso lugar de traballo, con mais ou menos habilidade e cunha estrutura mais ou menos definida as nosas libretas están ahí para apoiarnos... ou para apoiar a outros.
Eu fixera aquelo un par de veces facía xa tempo pero "a libreta" permitiume non ter que traballar de memoria (evitando un risco) e gañando tempo.
Pois ben, agora é hora de adaptarmos esas libretas persoais as novas tecnoloxías teríamos que describirmos unha serie de ferramentas (preferiblemente gratuitas) para poder anotar, debuxar, animar, engadir multimedia, editar e publicar os nosos apuntes. Teríamos que acadar formación no seu manexo e ven a conto porque en SACYL está aberto o período de 'detección de necesidades' nas que se poden incluir este tipo de ferramentas dentro das "competencias trasversales" en TICs y Ofimatica".
E agora as preguntas:
¿Cómo tomarías as notas? eu empregaba Noteshelf no iPad... permite organiza-las notas en libros, escribir a man, debuxar, escribir con teclado, incorporar fotos... un exemplo...
Como ben se pode ver a toma de notas pódese mellorar bastante co emprego de fotos (ou vídeos).
Para pasar á fase de edición deberíamos ter primeiro decidido qué tipo de acceso imos a ofrecer e dende qué plataforma o faríamos... unha idea é un blog mais... si no teu sistema sanitario o acceso está "capado" quizais teñas que convencer antes a algunha xente para que permitan o acceso do perfil profesional axeitado a ese contido. Outra opción pode ser a propia intranet do centro cada unha delas traballa dun xeito diferente e por iso hai que saber donde vas poñer o contido antes de escoller cómo editalo.
Sexa como elemento de referencia interna ou como contido aberto na web hai que ter predeseñada tamén unha estratexia para tratar de medi-lo impacto deste traballo no noso medio mellorando a accesibilidade e adaptación á practica actual por exemplo.