Anverso e reverso

Por Enferevidente @EnferEvidente


Hoxe vouvos facer esta entrada en galego por contextualizala, pero ben seguro que este asunto acontece en moitas outras partes....
A cousa arranca desta carta escrita pola xerente de xestión integrada de Ourense, Verín e Valdeorras:

e da inevitable tendencia das persoas a querer ler o que mais lle acae ou teme...
O certo é que a ninguén se lle pode pasar por alto as obrigas legais que se teñen sobre os datos dos doentes (seino, o escrito non vai de iso; pero convén lembralo) ou tan sequera a súa identificación mentres se atopa ó coidado do centro. Tampouco se poden esquecer as obrigas que nos gustaría que as equipas directivas cumprisen sobre a transparencia informativa tanto no referido ós datos asistenciais como ós financieiros ou laborais… pero tamén, e polo mesmo motivo, non se poden esquence-las responsabilidades sobre a información que do centro se emiten por persoas que, amosando a súa pertenza á institución, se outorgan voluntaria ou involuntariamente o papel de portavoces da mesma.
En troques queda dicir que si por asomo esta nota tenta impor algo semellante a unha “lei mordaza” sobre a realidade dos centros (caso “rebujito” por exemplo) é un van intento e non van se-las diátrabas sindico-periodísticas as que o eviten senon unha tozuda realidade e unhas ferramentas sociais que xa non coñecen os límites dos muros nin a lentitude dos tempos de revelado… calquera en calquer intre pode retransmitir en directo calquer escenario (con que teña cobertura 3G chega). Os límites os pon a lei de protección de datos pero pode que quenes a violen xa o saiban.