Rosendo Cid naceu en Ourense no 74, ano no que caeran 300 millóns do primeiro premio do Gordo no Bar Compostelano de Vigo e no que Enrique Rodríguez Baixeras vía como a ditadura censuráballe a curta O dumento porque segundo lle explicaron na comisaria “usted lo que tiene que hacer son películas en castellano, que es el idioma de la patria". Licenciado en Belas Artes en Pontevedra, ven sendo fillo de Xosé Cid, escultor galego autodidacta. Rosendo é o que se ven chamando un artista multidisciplinar, fai fotografía, escultura, debuxo e collage. Quen esto escribe queda cos collages de Rosendo Cid porque moito lle lembran ós do admirado John Stezaker, pero se cadra mellor.1. Nun do proxecto proxecto 365 maneiras de estar no mundo preguntas “Por qué todos os artistas tenhen ese aspecto inevitablemente de náufragos?” E logo por qué?A verdade é que non é a primeira vez que me preguntan por esta en concreto. Como teño dito noutras ocasións a arte e a súa práctica en si é unha viaxe con moitos naufraxios, con moitos erros no camiño que impón un devir de náufragos case por natureza. Outra interpretación pode asumirse desde a época que nos toca, na que os artista máis que vivir, sobrevivimos, nunhas condicións un tanto precarias por esta actualidade aplastante na que ademáis, a importancia ou o papel da arte na sociedade semella que vai cara atrás.2. Tamén na serie de collage A Arte di cousas sen explicar nada dis que a arte está chea de soliloquios. É eso un soliloquio, postureo escéptico ou está verdadeiramente chea?O soliloquio non debe entenderse coma un solipsismo. Cada un de nós, desde o noso lugar, desde o noso traballo, interpretamos e operamos cunhas conviccións determinadas, cunhas maneiras de ver o mundo, moitas delas moi personais. Outra interpretación, por suposto é aquela que se especifica como o de replegarse nun mesmo, cousa que como en calquera outro ámbito sucede e que quizáis non aporta outra cousa que ruido.3. Dis tamén que hai determinados collage nos que, ás veces, non semella poder acharse ningunha posibilidade de encontro entre dúas imaxes, por máis que insistamos. Unha persiste sobre a outra, ou ámbalas dúas quedan anuladas. Galicia?A auga co aceite non mistura, como tantas cousas. O que me dices non sei se pode trasladarse a Galicia nin tampoco sei a qué te refires concretamente, pero o que si é certo é que existen posturas que casan moi dificilmente entre si, e nestes casos, os que sexan, hai que atopar sen máis, puntos en común.4. Que farias coa Cidade da Cultura?Xa é ésta unha pregunta recurrente. Ás veces poño un exemplo moi burdo de que si eu levo unha chaqueta dez tallas máis grande, vou andar bastante incómodo e non lle vou sacar moito proveito. Dalgunha maneira a Cidade da Cultura nunca a vin acorde as nosas necesidades, sexa neste momento de crise ou noutro, nesto non fago distinción. Pero independentemente disto, xa digo, que desde o principio xa desconfiaba dun proxecto destas características, como calquera proposta debe respostar a unhos criterios moi claros e moi definidos, sobre todo a longo prazo, para que sexa sostible en todos os aspectos. E de momento a percepción, nun alto porcentaxe, non resulta moi positiva, de feito xa non me farías a pregunta desta maneira. Realmente é un tema que habería que profundizar de verdade, pois se está convertendo, senón o é xa, nun tópico negativo que non favorece absolutamente en nada.5. Dous lugares de Galicia.Galicia e Galicia.