Alacrán namorado
alacrán namoriscado
alacrán
cran-crán.
Alacrán namorado
alacrán enfeitizado
alacrán
cran-crán.
Ai alacrán alacrán
quen che dixo a ti
que os alacráns
non se deben namorar?
Alecrín namorado
alecrín namoriscado
alecrín
crin-crín.
Alecrín namorado
alecrín enfeitizado
alecrín
crin-crín.
Ai amor amor
quen che dixo a ti?
Quen che dixo a ti?
Foto de Guillermo Cobelo, en colaboración con este blog.
Sobre a ilustración desta entrada
Cando, coa chegada da primavera, vexo as paisaxes pintadas coas douradas flores do toxo, cústame caro afastar da cabeza a canción que tantas veces lle oín cantar a miña nai: “Ai amor, amor, quen che dixo a ti que a flor do monte era o alecrín?…”. Até aquí todo ben, pero de onde carallo sae ese alacrán que parece ter o corazón inzado co veleno da paixón? Desde cando Cupido ten trato cos arácnidos? É o amor dos seres dotados de mortífero aguillón un amor necesariamente imposíbel? Propúxenlle a Guillermo Cobelo, autor do blog de fotografía La Luz del Tiempo, poñer imaxe a este misterio —seique irresolúbel— sen máis pista que o Cran-crán, crin-crín. Á vista do resultado, poida que teñamos que procurar o segredo dos amores do alacrán nesas miradas que non se cruzan dos bailaríns. Ela mírao a el. Pero el, onde mira?
Moitas grazas, Guillermo.