Vai uns días SACYL publicou a estratexia de atención ó doente crónico 2024-2030 (si, 2024)... voulle dar unha volta, ou dúas.
E fixen un fío en X e BlueSky para elo; mais agora mentras coido da "fermosa durminte" o fago entrada do blog.
A anterior estratexia era de 2013 e constaba destes 3 obxectivos estratéxicos e 7 liñas estratéxicas.
No novo, unha vez descritos os marcos normativos e o alineamento coas estratexias do entorno (OMS, Europa, ministerio) se pasa a describi-la situación comenzando pola situación demográfica na que se empregan os datos do INE que corroboran o envellecemento da poboación esta comunidade...
mais na pirámide da proxección de poboación hai un detalle que non sei si é esperanzador ou "rechinante".
Logo de menciona-la esperanza de vida pasase á distribución da poboación algo que afecta e moito ó reparto dos recursos mais no que apenas se afonda... e que ten "colaterais" no que respecta ó despoboamento.
E de ahí se pasa a describi-las prevalencias dos determinantes de saúde... enfocados así e non como os "resultados clave" do traballo estratéxico da consellería. De feito case tódolos datos saen da enquisa europea de saúde que fai o INE comparando 2014 e 2020 no conxunto do estado e Castilla y León.
O incremento en fraxilidade se pode deber a posta en marcha dun programa específico con formación para os profesionais e a súa inclusión nos obxectivos dos PAG mais ainda así representa un reto para o sistema sociosanitario da comunidade.
Ó tempo enfatízase a importancia da estratificación da poboación como medio para brindar unha mellor atención e ofrecense datos como este onde se ve a grave disxuntiva dos sistemas de saúde: previr antes do 64 ou coidar dempois (así en "bruto").
Pódese apreciar que unha alta porcentaxe da poboación xa ten ó menos unha condición de cronicidade antes dos 64 anos... iso condiciona que no tramo de maiores de 64 case un 30% da poboación xa teña unha complexidade moderada cunha patoloxía crónica en estado avanzado (G2) e que xa precisan mais atención ou pluripatoloxícos serveros (G3) no que se engaden necesidades sociais... cousa que o sistema aborda agora de xeito agresivo e tecnolóxico e non como necesidades de coidados sociosanitarios.
Logo hai unhas cantas páxinas sobre as estratexias xa despregadas e/ou en desenrolo que uns dirán que son "automasaxe" e outros poden calificar como un bó inicio e que eu percibo no escalón das boas intencions sen medidas que forcen ós niveis locais de xestión a FACELO.
Pásase de seguido a describi-la metodoloxía de elaboración da estratexia que escomenza por un DAFO (mellor dito 3). A gráfica de resumen é elocuente. A Junta de Castilla y León ten asumidas as competencias da prestación sanitaria dende 2002 e algunha eiva a arrastra dende entón... ou antes e teño falado abondo delo neste blog.
De seguido entrase nas 9 lineas e 27 obxectivos da estratexia. Só deixo unha pincelada da linea 1...
Ao que se ve as persoas que fan a estratexia (e quen a revisa) é consciente do problema da dispersión poboacional na comunidade.
Logo ven o plano de despregue e implementación cun cronograma no que xa se detallan as 126 accions en prazos, digamos, orientativos.
E para rematar se explica a monitorización con esta explicación Os indicadores clave "iniciais" semellan feitos para outra cousa e, para min, demostran o feble do sistema de información de SACYL (a falta de integración recoñecese como "Debilidade 1". O grande reto é melloralo... porque sen datos a IA non vai dar resultados e CyL como outras CCAA está a poñer gran parte do seu esforzo nesa teima.
E de coidados qué? Pois eiquí vos deixo algunhas das accions propostas nas lineas 4 e 5 Con enfoques ben diferentes as primeiras semellan que abordan a "Debilidade 4" e as outras a "Debilidade 5"... é doado criticar si esas medidas son efectivas ou non para abordar eses problemas mais se non se é quen de propor alternativas concretas a crítica queda en ruido.
Haberá que ver qué indicadores de estructura, proceso e resultado se propoñen porque xa se sabe que sen indicadores non hai xestión.
E claro, a grande eiva de todo esto é a transparencia deses resultados de cara ós profesionais e de cara a poboación e neste caso tanto a nivel de toda a comunidade como por áreas (xerencias) de saúde.Todo é mellorable e para abordar un dos grandes problemas da nosa sociedade fai falla un enfoque multidimensional e multiprofesional e unha variación no esforzo da CCAA que segue a investir moitos recursos en tecnoloxias caras e pouco en persoas que coidan.En fin, que quería deixar esto no blogue porque teño a sensación de que se vai conservar mais tempo e vai ser mais visible.