Decimoséptimo aniversario

Por Enferevidente @EnferEvidente
Hoxe toca unha desas entradas testimoniais nas que fago unha marca nesta gran parede da rede para lembrame a min mesmo o percurso do camiño non por que queira voltar por él senon para ser consciente do mesmo.
En 17 anos aparentemente moitas cousas terían trocado pero tamén outras permanecen... vai desaparecendo aquela etiqueta de ATS que viña nos uniformes pero segue vixente nas cacholas de moitos cos que compartimos espazo e, o peor, de moitos cidadans ós que coidamos.
Sairon normas e decretos que semellaban artellar un sistema no que os postos nos que se precisara mais coñecemento e experiencia serían ocupados por compañeiras con mais preparación, capacidade e responsabilidade pero tras 10 anos do decreto de especialidades si estas fosen unha rapaza non pasarían de escomenzar a porse en pe.
Tras mais de 30 anos dunha autoproclamada democracia hai institucions denominadas de dereito público que por non ter non teñen estatutos, convocan eleccions "invisibles" en prazos ridículos comunicadas por medios do século XIX e con censos electorais á medida dos que as gobernan por non falar de Máximos representantes os que se elixe por un sistema antediluviano mais semellante a unha "designación divina" que a un proceso democrático.
É certo que neste anos tiven ocasión de formarme en moitos aspectos nos que tiña grandes eivas que me impedían ofrecer os mellores resultados ás persoas ás que atendía facendo uso das mellores probas dispoñibles evaluadas con rigor mais tamén o é que cada vez mais a nosa profesión busca campos de exercicio independente seguindo camiños por bósques místicos cheos de ananos vendedores de crecepelo con ou sen encanto tecnolóxico.
17 anos de "tomar posesión" de algo que só se pode gañar día a día, persoa a persoa mantendo o interés e a emoción polo que se fai e non cun sistema de "desincentivación" baseado no "dereito de pernada" de permanecer vendo pasa-los minutos asexando nas esquinas cal é o seguinte subterfuxio para facer menos e aparentar mais... e eu non quero ser asi.