#EnfermeríaVisible un manifesto e un paso á fronte

Por Enferevidente @EnferEvidente

Non cesamos na teima; sómentes tomamos alento para miraren ó redor e comprobar que isto é preciso.
En tanto alguns tratan de apropiarse non só da representatividade que non obteñen mediante as furnas, ou o liderado que non conquiren polos feitos ainda mais da indignación ou da esperanza de centos de miles de enfermeiras que traballamos en España; algunh@s tratan de que tanto dentro como fora da profesión se faga patente o valor do que o traballo diario da enfermeiría aporta á sociedade. Por elo lanzamos este
MANIFESTOA realidade da atención sanitaria española a compoñen diversos colectivos profesionais coa mesma importancia no resultado final para o doente e a poboación. Neste grupo atopanse, ademais dos médicos, as enfermeiras, as auxiliares de enfermeiría, as matronas, os celadores, así como outros colectivos como fisioterapeutas, farmacéuticos e demaís integrantes da equipa sanitaria.Como recolle a declaración DEGRA, o coñecemento enfermeiro é o legado que a enfermeiría como ciencia dirixida ó coidado das persoas e que desempeña para o ben da humanidade. Nembargantes, existe unha preocupante tendencia a non visualizar á profesionalidade e labor das enfermeiras e o resto da equipa sanitaria, minimizando o seu impacto asistencial, así como a súa función social e a súa capacidade para produciren beneficios directos na cidadanía de forma independiente.O colectivo enfermeiro deste país sinte unha profunda (e contínua) falta de recoñecemento social, político e profesional. Non compartimos que cando se fala de atención sanitaria e da prestación de servizos de saúde á poboación, esta sexa entendida só como atención médica e que se contemple como un entramado ó servizo de terceiros e non do doente, esquecendo que a curación se acada ó traveso da adicación dun colectivo multiprofesional conformado por diferentes profesions de servizo.Malía que as actuacions profesionais das enfermeiras acadan dende os coidados mais básics ata actuacions enfermeiras de práctiva avanzada, consideramos preocupante que a alta especificidade, cualificación e capacitación técnica da enfermeiría española pase inadvertida, e mais tendo en conta a alta consideración que si ten esa profesión fora das nosas fronteiras.Para mellorar esta situación un grupo de enfermeiras, clínicas, académicas, xestoras e investigadoras redactamo-la presente declaración que prentende recoller peticions e que invitamos a suscribir a tódalas enfermeiras españolas dende un plano persoal e institucional.Ás enfermeiras españolas lles pedimos:
  1. Que prantiquen a asertividade, empatía e intelixencia emocional e que perante todo e sobor de todo manteñan o foco no respecto ó doente, ós seus acompañantes e ó proceso que padecen, lembrando que a maior parte desas reprobacions feitas polos nosos usuarios se producen por eses motivos.
  2. Que sigan a esforzarse en ofrecer os mellores coidados posibles empregando para elo a mellor evidencia dispoñible.
  3. Que, dende o rigor e a independencia científico-técnica, dignifiquen á profesión con coidados adaptados á práctica baseada na evidencia.
  4. Que traballen na mellora da imaxen profesional da enfermeira e transmitan a mellor imaxe social posible tanto a doentes, acompañantes e ó resto dos colectivos sanitarios.
  5. Que reclamen ós seus representantes colexiais, sindicais e institucionais estratexias de comunicación que favorezan una mellora da imaxen social das enfermeiras axustada ás necesidades do colectivo profesional.
  6. Que poñan en valor á profesionalidade das enfermeiras no exercicio das súas funcions cun corpo de coñecementos científicos propio.
Ás organizacions sanitarias lles pedimos:
  1. Que recoñezan o traballo da enfermeiría como parte sustancial e imprescindible do acto sanitario no mesmo nivel de importancia que ó resto das profesions sanitarias e o materialicen en accions concretas como o desenrolo definitivo das prácticas avanzadas ou as especialidades.
  2. Que recoñezan o valor engadido que supoñen a alta cualificación das enfermeiras españolas facilitando á adopción de novos roles e responsabilidades.
  3. Que recoñezan a necesidade de contar cunha participación dos profesionais da enfermeiría na toma de decisions tanto sanitarias coma de orde política con trascendencia na saúde dos cidadans e no ben deles.
  4. Que poñan en valor a capacidade das enfermeiras españolas para ser peza fundamental do afrontamento dos novos retos do sistema sanitario dado o impacto real que ten o coidado enfermeiro sobor das novas necesidades dos usuarios do sistema sanitario e da poboación xeral.
  5. Que promulguen acordos, alianzas e pactos estratéxicos de forma que tódolos colectivos se atopen debidamente recollidos e representados para que deste xeito se acaden dun xeito real os obxectivos establecidos para estes.
Ós medios de comunicación lles pedidmos:
  1. Que realicen unha presentación real e obxectiva da asistencia sanitaria, sen empregar esterotipos da profesión enfermeira, que desfiguran o verdadeiro caracter e esencia desta profesión.
  2. Que tomen medidas para recoñecer, no seu caso modificar, o erro de dirixi-lo foco só a algunhas profesions ó elabora-las súas informacions dado o impacto que teñen sobor da opinión pública.
  3. Que profundicen no coñecemento das funcions, contidos, capacidades e resultados en saúde das distintas profesions e gremios que interveñen no proceso sanitario, respectando o rol e peso de cada unha.
  4. Que identifiquen e denominen correctamente a cada unha das profesions sanitarias evitando empregan acrónimos, siglas ou calificativos inapropiados que impliquen unha minusvaloración da profesión ou a transmisión dunha imaxe erronea do colectivo.
  5. Que favorezan a presenza de profesionais de enfermeiría nos medios de comunicación
  6. Que se esforcen en atopar lugares de encontro que permitan a estos profesionais compartir con eles os avances e innovacions que teñen impacto na calidade de vida e saúde das persoas e da sociedade.
_______________________________________________________________________
Documento de libre circulación para a súa distribución sen necesidade de autorización. Pregamos citen a fonte do mesmo.Dispoñible en http://enfermeriavisible.