A promoción de pseudoterapias i estafas varias na televisión nacional é un feito tan lamentable como extendido. Nembargantes, en certas ocasions resulta flagrante e reiterativo o que esixe unha movilización.É o que pensou a xente de "¿Qué mal puede hacer?" cando, dias tras día, vian como dende o programa “Saber Vivir“ integrado en "Las mañanas de La 1", a televisión pública estatal, se promoven terapias sen contratado valor terapeútico.
Diante de tal esperpento televisivo, decidiron enviar unha queixa formal ó "Defensor del espectdador" recabando sinaturas e adhesions á súa queixa, tal e somo se pode ver no seu blogue.A queixa, asinada por 549 persoas e 17 colectivos, foi enviada o "defensor do espectador", quen se comprometu a dar resposta nas ondas...O resultado non puido ser mais insatisfactorio, e até ofensivo, diriamos.Non se fixo mención explícita da queixa interposta, senon que, no seu lugar, respostaron á queixa de outro televidente, Javier Prieto, limitada exclusivamente á homeopatía.Resulta evidente a manipulación e a falla de respecto que mantén o espazo "RTVE responde" ninguneando unha queixa exposta por tantas persoas e colectivos, limitándose a respostar sómente a un dos aspectos, e sen realizar nengunha investigación sobor da materia nin o espacio que o publicita.Poden velo vostedes mesmos no video da emisión ó redor do minuto 12:05
Estimada Pilar León:
- Non existe ese suposto debate que vostedes levan á televisión. Non, ó menos, o nivel científico que se lle presupon a unha licenciada en farmacia. A homeopatía, en mais de 200 anos, non curou a ninguén, non se sosten nin a nivel teórico, contradecindo tódoloque coñecemos sobor de química, física, bioloxia e saúde e non exite ningún estudio serio que avale a súa terapia. Tamén existen opinions sobor que a terra é plana e que o holocausto xudeu non se deu... ¿Van levar eses debates ó seu programa? Como profesional, e mais nun medio de televisión público, o que debería é informar verazmente, non promover unha estafa.
- Cando vostede dí, en alusión ós supostos medicamentos homeopáticos "que son medicamentos" debería cita-la lexislación vixente:
Artigo 56 Criterios que se cumplirán os medicamentos homeopáticos para rexistrarse polo procedeCriterios que han de cumplir los medicamentos homeopáticos para registrarse por el procedimiento simplificado especial
Para obter o rexistro simplificado dun medicamento homeopático se trerán que cumprir as seguintes condicions:
- Dí vostede que as farmacias non se poden negar a vender productos homeopáticos. ¿Seguro? A ver, a ver…
No enlace faise referencia á Farmacia Rialto, de Madrid. Tamén debería vostede dicir que, a día de hoxe, só hai 12 "medicamentos" homeopáticos autorizados en España, todos membros da familia Lycopodium, do que é laboratorio titular en España a empresa DHU, malia que o producto non está comercializado. Sendo que, as farmacias só están “obrigadas” a vender Lycopodium, suxieto a prescripción médica, un producto non comercializado en España, e sí, poden negarse a vender homeopatía, e ser responsables cos seus clientes indicándolles que lles están estafando.
- Dí vostede que si mañán se demostra que non funciona, deixará de vendelos. Esta actitude demostra unha grave falla de profesionalidade pola súa parte, quitándose da foto e convertíndose nunha simple despachadora no canto de investiga-las probas e ser honesta e responsable co seu negocio e, principalmente, cos seus clientes. ¿Qué mais probas precisan? ¿Ata cando se escudarán en argumentos falaces e mentiras para seguir promovendo esta estafa?
A bó seguro que coñecedes outros programas nos medios públicos nos que se lle dá voz e se promoven toda clase de estafas pseudocientíficas...