Pioneiros

Por Calamar
LUIS SEOANE. ARTE E INDUSTRIA
Fechas: 25 Noviembre 2010 - 2 Diciembre 2010 Participantes: Juan Manuel Bonet, Xosé Díaz, Isaac Díaz Pardo, Manuel Gallego Jorreto, Xavier Seoane Coordinación: Manuel Gallego Jorreto Anuncio do ano 1952 realizado por Luis Seoane
O xoves 25 de novembro o  escritor y crítico de arte, Juan Manuel Bonet, será o encargado de abrir o ciclo Seoane, arte e industria coa conferencia Introducción á figura de Luis Seoane. O ciclo, coordinado polo arquitecto e Premio Nacional de Arquitectura Manuel Gallego Jorreto, servirá como peche dun ano no que a Fundación Luis Seoane realizou un esforzo de difusión da obra e vida dun dinamizador cultural e artista irrepetible tanto a través de exposicións, simposios e congresos, como da edición do Dicionario Seoane ou de documentos audiovisuais que reflexasen profundidade da obra e do pensamento dun creador comprometido. 

O venres 26 intervirán a partir das 19:15 o escritor Xavier Seoane coa conferencia Teoría, compromiso e acción e o deseñador gráfico Xosé Díaz, quen afondará nos conceptos básicos da práctica como deseñador de Seoane a través de Teoría e praxis do deseño en Luis Seoane
O xoves 2 de decembro, ás 19:15 o arquitecto Manuel Gallego Jorreto tratará a figura de Seoane en relación co Laboratorio de Formas e, pechando o ciclo, terá lugar unha mesa redonda na que participarán Isaac Díaz Pardo e Andrés Fernández Albalat entre outros. A entrada é libre ata completar aforo.