U-las as nosas "capitanas de abril"?

Por Enferevidente @EnferEvidente

Fai 47 anos un grupo de persoas dignas asoballadas dentro dunha estructura de represión e terror tiveron os arrestos para se organizar e levar a esperanza a todo un povo. Esperanza dun goberno democrático e xusto, case nada.

Non podían ser membros da elite que estrangulaba, non podían ser deudores das súas dádivas, non podían ser cómprices silenciosos da súa inxustiza. Non se pode querer facer algo novo dun rexime totalitario mentras se ansía "entrar na corte" e que che den acceso a obxectivos persoais. Non se pode revolucionar a xente asoballada e avergoñada polos seus dirixentes mantendo silencio sobre os seus crimes.

As "capitanas de abril" da enfermería en España U-las?

Non sei quén serán mais si sei quen non quero que sexan: As mentirosas, as caladas, as que aceptan compartir mesa e mantel...

Ningúen con mais de 10 anos en postos de "mando" pode erguerse como "defensora" da democracia e a transparencia na profesión... calou, consentiu senon cousas peores como colaborar e ser partícipe.

Chegará a nosa revolución dos cravos?