Revista Salud y Bienestar

2020 un ano para APRENDER

Por Enferevidente @EnferEvidente
2020 un ano para APRENDER

Posi si; marcha 2020 e coido que sería un erro tratar de esquecelo... os seres vivos nos caracterizamos pola adaptación: os que mellor se adaptan sobreviven. Os humanos, ademais, coa nosa actividade estamos a producir trocos no medio e iso ten e terá consecuencias que nos obrigarán a adaptarnos tanto para afrontae eses trocos no medio como para tratar de evitalos ou mitigalos.

Si hai unha característica da adaptación ó medio que debemos destacar é a Resiliencia e eso debera caracterizar 2021 malia que esto sexa "facer cola no almacén dos desexos que non se van cumplir"... o terrible sufrimento humano e socioeconómico que esta crise ten causado vai precisar moita capacidade de "re" Resiliencia, Recuperación, Replantexamento... Rexurdir.

2020 un ano para APRENDER

Mais non poderá haber "re" sen "co".

O entramado social, cultural e económico que veña non poderá ser igual porque, en primeiro lugar: XA NON SEREMOS OS MESMOS. 

Así pois, haberá que trae-las leccions aprendidas neste 2020 e sementar un futuro fora das fotos con carteis e as poses forzadas elitistas... fai falla mais "co" de cooperación, colaboración, co-creación... porque sen "co" as "re" que queramos facer petarán contra o muro da REalidade.

COREsponsabilidade ante á sociedade á que servimos como "CORE" do esforzo profesional en calquer eido: Asitencial, docente, xestor, investigador... somos parte do problema e temos que poñer parte da solución.

As ferramentas de "co" foron do mais positivo que tivemos nesta crise (sen esquecer que son iso: ferramentas) e moita xente excéptica non tivo mais remedio que aceptalas para poder seguir... agora toca poñelas ó servizo das "re".

As leccions están ahí; no que pasou en 2020, só temos que ser capaces de ollalo de fronte en detalle e aprender.


Volver a la Portada de Logo Paperblog